sábado, 21 de abril de 2012
Visita de Fina Casalderrey
O día 12 de abril tivemos unha visita que nos encantou, veu a vernos Fina Casalderrey, estivemos con ela no ximnasio, cantámoslle unha canción, regalámoslle os nosos traballos e fixémoslle algunhas preguntas.
Aquí podedes ver o libriño que fixemos cos traballos sobre os seus libro e algunha foto da súa visita.
venres, 20 de abril de 2012
23 de abril, Día do Libro
O día 23 de abril celébrase o Día do Libro, elixiuse este día por coincidir coa morte dos escritores españois Miguel de Cervantes e Garcilaso de la Vega e o inglés William Shakespeare, todos no ano 1616.
O 15 de novembro de 1995, a UNESCO aproba en París a celebración deste día como "Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor"
Na cidade da Coruña as bibliotecas municipais celebran todos os anos este día con algún acto especial, este ano cunha manifestación pública a favor da lectura.
luns, 9 de abril de 2012
Saúdos de Golfi, a mascota da biblioteca.
Xa me coñecedes, son Golfi, a mascota da biblioteca do cole.
Quero animarvos a participar con comentarios e moita, moitísimas lecturas!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)