Ola amig@s,
Estamos de vacacións de Semana Santa, mais non quería deixar de pasar por aquí para compartir con vós a imaxe do noso faro, a Torre de Hércules, iluminada de azul.
Sabedes a que se debe esta acción? A razón é que hoxe, 2 de abril, é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, un trastorno que presentan máis de 450.000 persoas en España e se estima que 7 millóns en todo o mundo. Cada ano, desde 2007 no que se declarou oficialmente esta data para amosar o apoio á xente con Trastorno do Espectro Autista (TEA), miles de edificios e monumentos emblemáticos de tódolos lugares do planeta "vístense" de azul, a cor que simboliza e identifica o Autismo, como mostra de solidariedade có colectivo TEA e coas súas familias.
Este 2021, baixo o lema "Puedo aprender. Puedo trabajar", as Asociacións adicadas a atención das persoas TEA pretenden crear conciencia sobre como lograr as condicións axeitadas para facer que a educación e o emprego sexan máis accesibles para este colectivo, visibilizando as barreiras e oportunidades existentes neste senso.
Non esquezamos, amig@s, que vivimos nunha sociedade diversa, plural, que loita día a día por unha inclusión máis efectiva e real, porque a homoxeneidade xa vai tempo que pasou de moda (e menos mal).
Días
como hoxe deben servir para, entre outras cousas, conseguir que as
persoas con TEA teñan o dereito a acceder a unha educación de calidade
que favoreza o seu desenvolvemeto académico e persoal, facilitando así o
acceso ao mercado laboral e atendendo sempre ás súas capacidades e
necesidades específicas.
Eu súmome ao movemento azul, e ti?
Apertas,
Golfi