venres, 20 de abril de 2018

Ledicia Costas


Esta semana tivemos a sorte de ter un encontro ca escritora Ledicia Costas. 

Ela mesma descrébese así : Nacín en Vigo alá polo 1979, cando o verán estaba a piques de morrer. Neta dun inventor e filla de dous creadores de soños, escribo desde que teño memoria. Debutei na colección Fóra de Xogo coa novela “Unha estrela no vento” (Xerais 2000). Síntome poeta con alma de equilibrista, porque recito nos lugares máis propicios á caída: no autobús, no supermercado, nos bares, en tendas de conxelados… E debe ser por iso que formo parte do colectivo Poetas da Hostia. A miña obra poética está recollida en distintas publicacións colectivas. Individualmente teño publicado o poemario “Xardín de Inverno”. Son avogada a tempo parcial e poeta a tempo completo. E nas horas libres escribo novela, que é a miña verdadeira paixón.

Aínda que ten moitos títulos publicados, neste encontro falamos sobre “Escarlatina, a cociñeira defunta” (Xerais, 2014), libro que os nenos e nenas de 5º e 6º EP estiveron a ler. 




xoves, 22 de marzo de 2018

Primavera de poesías

Amig@s mariñeir@s!

Estes días salín da biblioteca e puiden apreciar como desbordaba a vosa creatividade. Que ledicia! 

As nenas e os nenos de Educación Infantil compuxeron este fermoso mural, recitaron Adiós ríos, adiós fontes da nosa gran Rosalía e fixéronse unha ofrenda floral. Que bonito!


O alumnado de Educación Primaria traballou arreo para sacar estes increíbles poemarios, e eu saquei da biblio as mellores pezas de poesía.

Aquí vos deixo os libros de poemas de primaria, disfrutadeos!

venres, 16 de marzo de 2018


21 de Marzo, día da poesía


Ola de novo!
O 21 de marzo conmemórase o día da poesía, e que mellor maneira de celebralo que poñeendo en práctica! 

Dende a biblioteca propoñemos a elaboración dun poemario de Zalaeta no que todas e todos poidamos participar. 
De que xeito? Pois compoñendoo unha poesía, ben soiños ou coa familia, escribindo algunha que nos goste moito ... ata podedes gravarvos recitando unha poesía! 

O único que necesitamos é ganas e ilusión, ánimo golfiños! 

venres, 23 de febreiro de 2018

Almas de Rosalía


Hoxe dinme unha volta pola galería de Educación Infantil e atopei estas fermosas ilustracións!

Todo amor dos máis pequen@s do cole hacia a nosa gran poeta Rosalía.





















mércores, 21 de febreiro de 2018

Sempre Rosalía


Ola a tod@s!

Estou aquí de novo para festexar unha data moi importe do noso calendario,  o  24 de febreiro.

Ese día de 1837 nada Rosalía de Castro, a mellor escritora e poeta galega ata os nosos días.

Rosalía caracterízase por ser unha muller loitadora da súa causa e da súa lingua, cun avanzado pensamento político e social do que estaba a pasar en Galicia. 

Escribiu tanto en galego como en castelán, relatando as súas vivencias, a súa morriña, a súa tristura e tamén o seu amor. Todo elo, plasmado en títulos como La Flor, A mi madre, Contos da miña terra, Cantares Gallegos, Follas Novas ou En las orillas del Sar, entre outros. 


Deixovos este enlace para que coñezades algo máis de Rosalía e se queredes ler algo dela, solo tedes que pasar pola biblioteca! 


martes, 30 de xaneiro de 2018

Feliz día da paz!



Que día tan especial! Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria recitaron un poema fermoso de Nicolás Guillén e logo entre todos cantamos unha adaptación, feita polas rapazas e rapaces de 5º e 6º de EP, da canción "Don´t worry, be happy". 



        Estes días atrás tamén estivemos poñendoo o noso gran de area para vivir en paz, fóra da violencia. A través destas imaxes podédesvos empapar do noso sentimento!


Eu recabando significados de paz.


As nenas e os nenos de EI son todo amor! 


@s de Primaria plasmaron a súa idea de cole en paz. 

xoves, 21 de decembro de 2017

Felices festas golfiñ@s!



Non quería marchar deixarvos algunhas recomendacións lectoras. 

Ídelo pasar xenial!

Para os zalaetas máis pequerrechos encántanme calquera destes tres libros:



Para os primeiros cursos de Primaria preséntovos uns libros moi interesantes, ollade!








Para eses pícar@s que xa teñen soltura lendo aposto por estes: 


   



E xa para rematar estas recomendacións de Nadal, uns libros para os lectores expertos! 














xoves, 30 de novembro de 2017

Urbano Lugrís


Seguindo coa exposición-homenaxe que houbo na cidade sobre este pintor, as nenas e nenos do CEIP Zalaeta tamén quixeron facer a súa homenaxe. Pintaron esta gran composición para por cor as nosas entradas e saídas.
Que bonito lles quedou!

venres, 27 de outubro de 2017

Visita de Loretta Birott Bermejo


Hoxe veu de visita á  biblio Loretta Birott Bermejo, autora de O noso samaín. Os lectores máis pequerrechos do cole, e eu, puidemos escoitar da súa voz este fabuloso libro que nos narra a historia desta tradición tan antiga. 





Tamén nos agasallou o libro e a súa dedicatoria.
Moitas grazas por todo!

xoves, 26 de outubro de 2017

Chega o Samaín!


Amiguiñ@s! estes días fixen unha recopilación dos libros que temos na biblio sobre o Samaín. Mirade que chea deles!
Vinde, observade, collede e lede tanto como queirades, hai que festexalo ben! 




Tamén saín da biblioteca e puiden comprobar cos meus ollos de golfiño o bonito que estades deixando o cole ca decoración do Samaín. Estavos quedando precioso!😄😄
















Espérovos lectogolfis! 

xoves, 5 de outubro de 2017

BENVIDAS E BENVIDOS!

Ola amigos, son Golfi!
Aquí estou de novo esperando a vosa ansiada visita.
 Xa temos as portas da biblioteca abertas para que veñades desfrutar!
Lembrade! estou dispoñible tódolos luns e martes á hora do recreo. 
Bulide! hai mil mundos por descubrir neste recunchiño da segunda planta da escola.

luns, 27 de xaneiro de 2014

luns, 16 de decembro de 2013