Ola a todas e todos!
Parece mentira pero xa remata outro curso!
Xa estamos nos últimos días así que aproveitamos para despedirnos ata o próximo curso, recordade ler moito, xogar mais e disfrutar do verán para traer as pilas cargadas para setembro.
Moitas grazas pola vosa compaña na biblioteca durante todo o curso e nos vemos pronto.
martes, 18 de xuño de 2019
luns, 20 de maio de 2019
Día das Letras Galegas 2019
Que tal estades!
Seguimos co noso programa de actividades, esta vez celebramos o día das Letras Galegas 2019 que este ano se lle dedica a Antonio Fraguas, xa temos preparado o vídeo da celebración, gracias a ANPA pola súa colaboración.
Tamén podedes ver as vosas revistas.

xoves, 9 de maio de 2019
María Canosa e "A cazadora de estrelas"
Ola!
Xa estivemos cazando estrelas con María Canosa...
Falamos con ela... Regalamoslle un montón de estrelas...
E ela asinounos os libros...
Xa estivemos cazando estrelas con María Canosa...
Falamos con ela... Regalamoslle un montón de estrelas...
venres, 3 de maio de 2019
Revistas Literarias Día do Libro 2019
Bo día!
Xa están listas as revistas que fixéchedes para o día do libro, aquí as podedes ver.
Xa están listas as revistas que fixéchedes para o día do libro, aquí as podedes ver.
Moitas grazas pola vosa participación!
martes, 23 de abril de 2019
Día do Libro
Ola amigas e amigos!
Como cada 23 de abril celebramos na BiblioGolfi o día do libro, moitas grazas a todos por enviarme tantos traballos, estou a preparar as revistas con eles.
Mentres tanto aí vai un adianto das imaxes da celebración.

Graciñas!
xoves, 28 de marzo de 2019
Visítanos Teresa González
Ola a todas e todos!
Hoxe estou moi contento, recibimos na BiblioGolfi a Teresa González Costa autora do libro "A noite das bicicletas" que leron os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria e do que falaron durante este encontro.
Graciñas por estar con nós Teresa!
venres, 1 de febreiro de 2019
XUNTARTE 2019
Ola amigas e amigos!
Como sabedes un grupo moi grande de nenas e nenos deste centro estiveron traballando moito para representarnos no festival Xuntarte que se celebrou no Ágora o pasado día 25 de xaneiro con outros coles da cidade.
Como moitos de vós non puidechedes asistir por falta de aforo aquí tedes o vídeo da actuación dos nosos compañeiros e compañeiras.

Parabéns pola vosa actuación!
mércores, 30 de xaneiro de 2019
O cole vístese de PAZ
Bo día a todas e todos!
Hoxe celebramos unha conmemoración moi especial, hoxe é o
Hoxe celebramos unha conmemoración moi especial, hoxe é o
DÍA DA PAZ!!!!
Os mais maiores fixeron un manifesto no que proclaman a importancia da paz, todos colaboramos para vestir o centro de paz e fixémos unha actuación, aquí podedes ver unhas imaxes de todo.
DÍA
ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA
Bos días, como
sabedes todos e todas, hoxe é o día escolar da PAZ e NON VIOLENCIA.
O día escolar da
PAZ e NON VIOLENCIA, vense celebrando, cada vez con máis difusión,
dende o ano 1964. Esta xornada commemorativa foi creada polo
educador e inspector de educación mallorquín, Llorenç Vidal.
A elección do día
30 de xaneiro non é casual, esta data coincide co aniversario da
morte, o 30 de xaneiro de 1948, de Mahatma Gandhi, lider da
independencia da India, que loitou contra o imperio británico
practicando a desobediencia civil. (sen armas nen violencia).
Debemos, pois
interiorizar que A VIOLENCIA NUNCA É A RESPOSTA CORRECTA
A PAZ, non é
so a ausencia de guerra, A VIOLENCIA É O GRANDE INIMIGO DA PAZ.
O machismo, a
xenofobia e o acoso escolar son formas de violencia.
O racismo e a
discriminación por sexos e por idade son tipos de violencia que
debemos evitar tanto nos ambientes públicos coma nos familiares.
Por desgraza non
todas as persoas entenden o significado da palabra PAZ:
- FAGAMOS ENTRE TODOS UN MUNDO MELLOR.
- Máis alá dos símbolos, A PAZ SON ACTITUDES POSITIVAS.
Tal vez algún día
todos coñezamos o alcance do seu signifiacado pero, ... mentras
tanto poñamos o noso gran de area interpretando Black and White,
a canción que todos nós vimos preparando dende fais uns días.
Recordade:
A VIOLENCIA NUNCA É A RESPOSTA!!
Moitas grazas pola vosa participación!
mércores, 19 de decembro de 2018
domingo, 28 de outubro de 2018
O cole vístese de Samaín
Ola de novo!
Chega o outono, caen as follas, empeza o fresquiño e tamén temos aquí o Samaín que se celebra en toda Galicia.
O cole énchese de historias de medo, cabazas, e decoracións terroríficas....
Na entrada da biblioteca podedes ver unha exposición cunha selección de libros, espero que a disfrutedes.

domingo, 16 de setembro de 2018
Axudantes para BiblioGolfi
Ola a toda@s!
Un curso mais quero pedirvos a vosa axuda, como xa sabedes a biblioteca abre os luns e martes durante todo o curso, necesitasmos que @s nen@s de 5º e 6º de primaria nos axudedes a atender a todos os que veñan, xa sabedes ordenar libros, repartir Ipads, manter todo organizado é moi importante para disfrutar na biblioteca.

Moitas grazas!!!
luns, 10 de setembro de 2018
Benvida ao novo curso
Ola chicas e chicos!
Chega outro vez setembro e de novo nos encontramos cas amigas e amigos, as profes, a biblio, o patio,...
Pronto teredes noticias miñas.
Que ganas tiña de vervos !
Chega outro vez setembro e de novo nos encontramos cas amigas e amigos, as profes, a biblio, o patio,...
Pronto teredes noticias miñas.
Que ganas tiña de vervos !
domingo, 17 de xuño de 2018
A Memoria de Zalaeta
Ola chic@s!
Xa a piques de rematar o curso...
Que ganas de verán teño!
Mirade neste vídeo o traballo que os nen@s de 5º e 6º de Primaria fixeron en colaboración co Museo de Belas Artes.
mércores, 23 de maio de 2018
Revista das Letras Galegas
Xa está lista a revista que fixemos con todos os vosos traballos para o día das Letras Galegas, moitas grazas por participar!
domingo, 13 de maio de 2018
Visita de Antón Cortizas
Hai uns días estivo co alumnado de 1º e 2º de primaria Antón Cortizas co seu libro "O lapis de Rosalía" contestou a todas as nosas preguntas e díxonos que Rosalía é unha das súas fillas a quen lle escribiu o libro cando era pequena, ademais fíxonos unha bolboreta de papel...
Os nenos e nenas fixeron para Antón un cartel de benvida, pódese ver ao fondo das imaxes.
Que ben o pasamos!!
Os nenos e nenas fixeron para Antón un cartel de benvida, pódese ver ao fondo das imaxes.
Que ben o pasamos!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)