Ola!
Traemos novidades, para os que non o sepades a editorial Kalandraka ten un canle de TV cunha sección chamada "Contos Contados" na que podemos ver a distintas persoas contando os contos da editorial, esperamos que vos guste.
mércores, 25 de marzo de 2020
martes, 24 de marzo de 2020
Galicia Le - Plataforma para préstamo dixital
Aquí estou de novo con mais información para todas e todos, os que sexamos socios de calquer biblioteca pública de Galicia podemos acceder á plataforma Galicia Le de préstamo dixital de libros, revistas, películas, ... é moi interesante, vos deixo o enlace para poder solicitar o alta .
luns, 23 de marzo de 2020
Segundo reto Covi 19
Ola chicas e chicos!
Xa estamos en primavera, xa celebramos o día da poesía, propoñemos unha nova actividade para facer en familia, buscade un poema que vos guste ou escribide un, recitadeo e gravadevos recitandoo, en familia, en solitario, con decoración, con voz, con imaxe... logo facédeme chegar a arquivo ao correo: bibliogolfi@ceipzalaeta.com
En canto poida os irei poñendo no blogue para que vexamos o que fan as nosas compañeiras e compañeiros. Moita grazas por adiantado.
Golfi
En canto poida os irei poñendo no blogue para que vexamos o que fan as nosas compañeiras e compañeiros. Moita grazas por adiantado.
Golfi
sábado, 21 de marzo de 2020
Cantando a Rosalía
O pasado día 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía, desde o equipo de Dinamización Lingüística están a propoñervos que aprendades algunha canción feita dun poema de Rosalía de Castro ademais celebramos tamén neste 21 de marzo o día da poesía, para que poidades practicar vos deixo estes vídeos
mércores, 18 de marzo de 2020
Un conto para todos
Ola amigas e amigos!
Quero deixarvos este conto sobre a amizade para que disfrutedes del.
Quero deixarvos este conto sobre a amizade para que disfrutedes del.
luns, 17 de febreiro de 2020
Os retos do Covi 19
Xa que temos que quedarnos en casa vouvos propoñer
desde aquí algunhas actividades nas que podedes participar para
facerme o illamento un pouco mais levadeiro e sentir a vosa compaña
aínda que sexa na distancia.
Imos empezar por facer carteis animando ás persoas a
quedar na casa e axudarnos entre todos, podemos utilizar todo tipo de
frases coñecidas ou novas, utiliza a túa creatividade, colle un
folio, pinturas, rotuladores, anacos de papel,... o que se che ocorra
e mans á obra. Non esquezas poñer o teu nome e apelidos, se queres
tamén o curso.
Fai unha fotografía da túa creación e
envíama a: bibliogolfi@ceipzalaeta.com
Con todas as que recibamos faremos unha entrada no
blogue para que as vexades.
Moitas grazas pola vosa participación neste
proxecto.
Bicos
Golfi
martes, 24 de setembro de 2019
Axudantes biblioteca curso 2019-2020
Ola a todas e todos!
Un curso mais quero pedirvos a vosa axuda, como xa sabedes a biblioteca abre os luns e martes durante todo o curso, necesitasmos que as nenas e nenos de 5º e 6º de primaria nos axudedes a atender a todos os que veñan, xa sabedes ordenar libros, repartir Ipads, manter todo organizado é moi importante para disfrutar na biblioteca.
martes, 18 de xuño de 2019
Fin de curso e felices vacacións
Ola a todas e todos!
Parece mentira pero xa remata outro curso!
Xa estamos nos últimos días así que aproveitamos para despedirnos ata o próximo curso, recordade ler moito, xogar mais e disfrutar do verán para traer as pilas cargadas para setembro.
Moitas grazas pola vosa compaña na biblioteca durante todo o curso e nos vemos pronto.

luns, 20 de maio de 2019
Día das Letras Galegas 2019
Que tal estades!
Seguimos co noso programa de actividades, esta vez celebramos o día das Letras Galegas 2019 que este ano se lle dedica a Antonio Fraguas, xa temos preparado o vídeo da celebración, gracias a ANPA pola súa colaboración.
Tamén podedes ver as vosas revistas.

xoves, 9 de maio de 2019
María Canosa e "A cazadora de estrelas"
Ola!
Xa estivemos cazando estrelas con María Canosa...
Falamos con ela... Regalamoslle un montón de estrelas...
E ela asinounos os libros...
Xa estivemos cazando estrelas con María Canosa...
Falamos con ela... Regalamoslle un montón de estrelas...
venres, 3 de maio de 2019
Revistas Literarias Día do Libro 2019
Bo día!
Xa están listas as revistas que fixéchedes para o día do libro, aquí as podedes ver.
Xa están listas as revistas que fixéchedes para o día do libro, aquí as podedes ver.
Moitas grazas pola vosa participación!
martes, 23 de abril de 2019
Día do Libro
Ola amigas e amigos!
Como cada 23 de abril celebramos na BiblioGolfi o día do libro, moitas grazas a todos por enviarme tantos traballos, estou a preparar as revistas con eles.
Mentres tanto aí vai un adianto das imaxes da celebración.

Graciñas!
xoves, 28 de marzo de 2019
Visítanos Teresa González
Ola a todas e todos!
Hoxe estou moi contento, recibimos na BiblioGolfi a Teresa González Costa autora do libro "A noite das bicicletas" que leron os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria e do que falaron durante este encontro.
Graciñas por estar con nós Teresa!
venres, 1 de febreiro de 2019
XUNTARTE 2019
Ola amigas e amigos!
Como sabedes un grupo moi grande de nenas e nenos deste centro estiveron traballando moito para representarnos no festival Xuntarte que se celebrou no Ágora o pasado día 25 de xaneiro con outros coles da cidade.
Como moitos de vós non puidechedes asistir por falta de aforo aquí tedes o vídeo da actuación dos nosos compañeiros e compañeiras.

Parabéns pola vosa actuación!
mércores, 30 de xaneiro de 2019
O cole vístese de PAZ
Bo día a todas e todos!
Hoxe celebramos unha conmemoración moi especial, hoxe é o
Hoxe celebramos unha conmemoración moi especial, hoxe é o
DÍA DA PAZ!!!!
Os mais maiores fixeron un manifesto no que proclaman a importancia da paz, todos colaboramos para vestir o centro de paz e fixémos unha actuación, aquí podedes ver unhas imaxes de todo.
DÍA
ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA
Bos días, como
sabedes todos e todas, hoxe é o día escolar da PAZ e NON VIOLENCIA.
O día escolar da
PAZ e NON VIOLENCIA, vense celebrando, cada vez con máis difusión,
dende o ano 1964. Esta xornada commemorativa foi creada polo
educador e inspector de educación mallorquín, Llorenç Vidal.
A elección do día
30 de xaneiro non é casual, esta data coincide co aniversario da
morte, o 30 de xaneiro de 1948, de Mahatma Gandhi, lider da
independencia da India, que loitou contra o imperio británico
practicando a desobediencia civil. (sen armas nen violencia).
Debemos, pois
interiorizar que A VIOLENCIA NUNCA É A RESPOSTA CORRECTA
A PAZ, non é
so a ausencia de guerra, A VIOLENCIA É O GRANDE INIMIGO DA PAZ.
O machismo, a
xenofobia e o acoso escolar son formas de violencia.
O racismo e a
discriminación por sexos e por idade son tipos de violencia que
debemos evitar tanto nos ambientes públicos coma nos familiares.
Por desgraza non
todas as persoas entenden o significado da palabra PAZ:
- FAGAMOS ENTRE TODOS UN MUNDO MELLOR.
- Máis alá dos símbolos, A PAZ SON ACTITUDES POSITIVAS.
Tal vez algún día
todos coñezamos o alcance do seu signifiacado pero, ... mentras
tanto poñamos o noso gran de area interpretando Black and White,
a canción que todos nós vimos preparando dende fais uns días.
Recordade:
A VIOLENCIA NUNCA É A RESPOSTA!!
Moitas grazas pola vosa participación!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)