venres, 27 de marzo de 2020

O Circo do Sol

Boa tarde!
Fixéronme chegar un enlace para ver un documental sobre os espectáculos do Circo do Sol que estrenan hoxe, 27 de marzo, as 20:00 h. estreará un especial de 60 minutos, que reúne algunhos dos momentos máis especiais de tres dos seus máis destacados espectáculos. Está dirixido ao público de todas as idades.
Podédelo ver no seguinte enlace: cirquedusoleil.com/cirqueconnect.

Espero que vos guste, gracias Carmen pola información. 

mércores, 25 de marzo de 2020

Contos contados da editorial Kalandraka

Ola!
Traemos novidades, para os que non o sepades a editorial Kalandraka ten un canle de TV cunha sección chamada "Contos Contados" na que podemos ver a distintas persoas contando os contos da editorial, esperamos que vos guste.

Kalandraka TV

martes, 24 de marzo de 2020

Galicia Le - Plataforma para préstamo dixital

Aquí estou de novo con mais información para todas e todos, os que sexamos socios de calquer biblioteca pública de Galicia podemos acceder á plataforma Galicia Le de préstamo dixital de libros, revistas, películas, ... é moi interesante, vos deixo o enlace para poder solicitar o alta .


https://www.galiciale.gal/

luns, 23 de marzo de 2020

Segundo reto Covi 19

Ola chicas e chicos! Xa estamos en primavera, xa celebramos o día da poesía, propoñemos unha nova actividade para facer en familia, buscade un poema que vos guste ou escribide un, recitadeo e gravadevos recitandoo, en familia, en solitario, con decoración, con voz, con imaxe... logo facédeme chegar a arquivo ao correo:  bibliogolfi@ceipzalaeta.com
En canto poida os irei poñendo no blogue para que vexamos o que fan as nosas compañeiras e compañeiros. Moita grazas por adiantado.
Golfi

sábado, 21 de marzo de 2020

Cantando a Rosalía

O pasado día 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía, desde o equipo de Dinamización Lingüística están a propoñervos que aprendades algunha canción feita dun poema de Rosalía de Castro ademais celebramos tamén neste 21 de marzo o día da poesía, para que poidades practicar vos deixo estes vídeos

mércores, 18 de marzo de 2020

Un conto para todos

Ola amigas e amigos!
Quero deixarvos este conto sobre a amizade para que disfrutedes del.

luns, 17 de febreiro de 2020

Os retos do Covi 19

 
Xa que temos que quedarnos en casa vouvos propoñer desde aquí algunhas actividades nas que podedes participar para facerme o illamento un pouco mais levadeiro e sentir a vosa compaña aínda que sexa na distancia.


Imos empezar por facer carteis animando ás persoas a quedar na casa e axudarnos entre todos, podemos utilizar todo tipo de frases coñecidas ou novas, utiliza a túa creatividade, colle un folio, pinturas, rotuladores, anacos de papel,... o que se che ocorra e mans á obra. Non esquezas poñer o teu nome e apelidos, se queres tamén o curso.
Fai unha fotografía da túa creación e envíama a: bibliogolfi@ceipzalaeta.com
Con todas as que recibamos faremos unha entrada no blogue para que as vexades.


Moitas grazas pola vosa participación neste proxecto.


Bicos
Golfi

martes, 24 de setembro de 2019

Axudantes biblioteca curso 2019-2020

Ola a todas e todos! Un curso mais quero pedirvos a vosa axuda, como xa sabedes a biblioteca abre os luns e martes durante todo o curso, necesitasmos que as nenas e nenos de 5º e 6º de primaria nos axudedes a atender a todos os que veñan, xa sabedes ordenar libros, repartir Ipads, manter todo organizado é moi importante para disfrutar na biblioteca.

martes, 18 de xuño de 2019

Fin de curso e felices vacacións

Ola a todas e todos!
Parece mentira pero xa remata outro curso!
Xa estamos nos últimos días así que aproveitamos para despedirnos ata o próximo curso, recordade ler moito, xogar mais e disfrutar do verán para traer as pilas cargadas para setembro.

Moitas grazas pola vosa compaña na biblioteca durante todo o curso e nos vemos pronto.


luns, 20 de maio de 2019

Día das Letras Galegas 2019

Que tal estades!
Seguimos co noso programa de actividades, esta vez celebramos o día das Letras Galegas 2019 que este ano se lle dedica a Antonio Fraguas, xa temos preparado o vídeo da celebración, gracias a ANPA pola súa colaboración.




Tamén podedes ver as vosas revistas.







xoves, 9 de maio de 2019

María Canosa e "A cazadora de estrelas"

Ola!
Xa estivemos cazando estrelas con María Canosa...

      Falamos con ela...                                Regalamoslle un montón de estrelas...




                                                   E ela asinounos os libros...

martes, 23 de abril de 2019

Día do Libro

Ola amigas e amigos!
Como cada 23 de abril celebramos na BiblioGolfi o día do libro, moitas grazas a todos por enviarme tantos traballos, estou a preparar as revistas con eles.
Mentres tanto aí vai un adianto das imaxes da celebración.



Graciñas!

xoves, 28 de marzo de 2019

Visítanos Teresa González

Ola a todas e todos! Hoxe estou moi contento, recibimos na BiblioGolfi a Teresa González Costa autora do libro "A noite das bicicletas" que leron os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria e do que falaron durante este encontro.




 

Graciñas por estar con nós Teresa!

venres, 1 de febreiro de 2019

XUNTARTE 2019

Ola amigas e amigos!
Como sabedes un grupo moi grande de nenas e nenos deste centro estiveron traballando moito para representarnos no festival Xuntarte que se celebrou no Ágora o pasado día 25 de xaneiro con outros coles da cidade.
Como moitos de vós non puidechedes asistir por falta de aforo aquí tedes o vídeo da actuación dos nosos compañeiros e compañeiras.



Parabéns pola vosa actuación!