martes, 12 de marzo de 2024
Encontro literario con Pere Tobaruela.
domingo, 10 de marzo de 2024
Novidades sobre a horta!
Aquí temos unha selección de libros relacionados co noso PDI deste curso. Temos moito que aprender da horta, así que... a por eles!
mércores, 28 de febreiro de 2024
sábado, 24 de febreiro de 2024
Contacontos con David Rodríguez.
O vindeiro luns 26 de febreiro ás 11 horas temos a sorte de ter na nosa biblioteca a David Rodríguez, que nos contará uns contos acompañado da súa guitarra.
Día de Rosalía de Castro. 23 de febreiro.
Como xa sabedes, o 23 de febreiro é o día de Rosalía de Castro, data na que se conmemora o seu nacemento. Nas aulas de Infantil aprenderon e cantaron a cantiga "O Moucho" de Migallas, composta coa letra dun poema de Rosalía de Castro.
luns, 22 de xaneiro de 2024
Recursos para o Día Escolar da Non Violencia e a Paz: Wangari Maathai.
Deixamos a continuación unha recopilación de recursos dixitais para traballar sobre a figura á que lle dedicamos este ano o Día Escolar da Non Violencia e a Paz en Zalaeta: Wangari Maathai. Agardamos que poidan ser de utilidade.
Día Escolar da Non Violencia e a Paz: 30 de Xaneiro.
Este ano en Zalaeta imos celebrar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz dedicándollo a Wangari Maathai.
Wangari Maathai foi a primeira persoa africana en recibir o Premio Nobel da Paz en 2004 pola "súa contribución ao desenvolvemento sostible, a democracia e a paz".
Decidimos centrarnos este ano nesta persoa, xa que nos interesa a súa faceta como defensora do medio ambiente, ao estar vinculada co noso PDI deste ano sobre a horta. Neste sentido, Wangari Maathai fundou o "Movemento Cinturón Verde" no seu país, Kenia, e impulsou varios programas en diversos países africanos para loitar contra a desertificación, a deforestación, a crise da auga e a fame.
martes, 19 de decembro de 2023
Recomendacións de libros para o Nadal.
Dende o equipo de biblioteca querémosvos facer unhas recomendacións de libros para estas datas e aproveitamos para desexarvos a tod@s un moi BO NADAL!
domingo, 3 de decembro de 2023
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.
O día 3 de decembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.
A Asamblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) declarou en 1992 este día para "promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade e para concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural".
Na biblioteca do cole temos varios libros que nos encantan cos que educar para a diversidade.
Velaquí algúns deles:

Recomendacións lectoras.

luns, 6 de novembro de 2023
Contos de medo polo Samaín!
O pasado 31 de outubro celebramos no cole o Samaín. Ademais doutras actividades, tivemos a sorte de contar coa colaboración dalgunhas familias para contarlles aos rapaces contos de medo. Moitas grazas pola colaboración, familias!
sábado, 21 de outubro de 2023
mércores, 11 de outubro de 2023
Concurso de manualidades terroríficas!
Lembrámosvos que a partir do 23 de outubro xa podedes traer as vosas manualidades para decorar a horta e o cole. Haberá un premio por curso para a manualidade máis orixinal e terrorífica. Moita sorte!

























