martes, 12 de novembro de 2024

Novidades na nosa biblioteca.

Pola biblioteca temos novidades agardando por vós. A por elas, lectores! 











Viaxe pola Galicia Encantada. Libros de mitos, lendas e contos de Galicia.

 


martes, 29 de outubro de 2024

Samaín! (Infantil e 1º ciclo de Primaria)

 O alumnado de Educacion Infantil e o do 1º ciclo de Primaria terán cadansúa representación do Contacontos "A Bruxa Maruxa". 



luns, 28 de outubro de 2024

Samaín! (2º ciclo de Primaria)

 Para celebrar o Samaín o alumnado de 3º e 4º de Primaria realizará unhas lecturas ás escuras na biblioteca. 






Samaín! (3º ciclo de Primaria)

 Xa chega o Samaín e o alumnado de 5º e 6º de Primaria estiveron creando uns contos de medo e graváronos para compartilos con todos. Aquí volos deixamos. Agardamos que vos gusten e Feliz Samaín!



5º de Primaria:



6º de Primaria:


mércores, 23 de outubro de 2024

24 de outubro: Día das Bibliotecas!

Para conmemorar o Día das Bibliotecas o alumnado de 5º de Educación Primaria levou a cabo este podcast no que falan da importancia destes lugares tan prezados para nós. Agardamos que vos guste e FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!




xoves, 3 de outubro de 2024

domingo, 8 de setembro de 2024

mércores, 15 de maio de 2024

Día das Letras Galegas 2024: Luísa Villalta.

 Luísa Villalta é a homenaxeada neste ano no Día das Letras Galegas. A continuación, deixámosvos unha canción de Félix Arias titulada "Vén o vento e baila", baseada nos poemas da escritora. 




martes, 23 de abril de 2024

Día Internacional do Libro: 23 de abril de 2024.

     Para conmemorar esta data, dende a Biblioteca de Zalaeta organizamos un maratón de lectura no xardín. Polo atril pasou todo o alumnado e o persoal do centro para ler e compartir unhas liñas. 

Feliz Día do Libro!




martes, 2 de abril de 2024

Encontro literario con Antía Yáñez.

 O vindeiro luns 8 de abril teremos un encontro na biblioteca coa escritora Antía Yáñez. 


mércores, 20 de marzo de 2024

martes, 12 de marzo de 2024

Encontro literario con Pere Tobaruela.

O vindeiro martes, 19 de marzo, teremos un encontro na biblioteca co escritor Pere Tobaruela, para falar sobre "Formigas". 




 

domingo, 10 de marzo de 2024

Novidades sobre a horta!

 Aquí temos unha selección de libros relacionados co noso PDI deste curso. Temos moito que aprender da horta, así que... a por eles!



Entrevista a María Canosa.