Temos algúns libriños na exposición axeitados para este tempo de Entroido!
Temos algúns libriños na exposición axeitados para este tempo de Entroido!
Chegaron novidades á nosa biblioteca. Neste caso son peticións do alumnado de Primaria. Agardamos que gocedes das lecturas e a por elas!
O noso Golfi deixounos este vídeo e un cofre cheo de historias...
Estreamos unha nova sección na biblioteca: un pequeno recuncho para a igualdade, no que atoparedes libros que abordan esta temática.
O alumnado de Educacion Infantil e o do 1º ciclo de Primaria terán cadansúa representación do Contacontos "A Bruxa Maruxa".
Para celebrar o Samaín o alumnado de 3º e 4º de Primaria realizará unhas lecturas ás escuras na biblioteca.
Xa chega o Samaín e o alumnado de 5º e 6º de Primaria estiveron creando uns contos de medo e graváronos para compartilos con todos. Aquí volos deixamos. Agardamos que vos gusten e Feliz Samaín!
5º de Primaria:
Para conmemorar o Día das Bibliotecas o alumnado de 5º de Educación Primaria levou a cabo este podcast no que falan da importancia destes lugares tan prezados para nós. Agardamos que vos guste e FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!