mércores, 27 de outubro de 2021
SEMANA DO SAMAÍN
luns, 18 de outubro de 2021
24 DE OUTUBRO " DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES"
Hoxe teño unha proposta para vós, o próximo dia 24 celébrase o día das Bibliotecas Escolares e para conmemoralo propóñovos esta actividade para facer coa familia.
Espero que vos animedes e agardo as vosas fotos.
martes, 29 de xuño de 2021
A nosa ruta dos faros
Ola, amig@s:
Este é o resultado do traballo que fixeron os nenos e nenas de Zalaeta sobre a ruta dos faros que une a Costa da Morte.
Aquí poderedes ver os vídeos realizados por cada aula para amosar o aprendido ao longo deste curso.
Grazas polo camiño percorrido durante estes meses!
Bo verán!
Golfi
martes, 11 de maio de 2021
Día das Letras Galegas 2021
Ola amig@s:
O próximo luns, 17 de Maio, celebramos o Día das Letras Galegas que este ano está adicado á figura de Xelia Arias. Sabedes quen foi?
Xela Arias Castaño foi poeta, escritora, tradutora e profesora de Lingua Castelá e Literatura en diferentes institutos galegos. Escribiu poemarios como "Denuncia do equilibrio","Tigres coma Cabalos", "Darío a diario" e "Intempériome". Tamén traduciu ao galego obras como "Drácula" de Bram Stoker, "As bruxas" de Roald Dahl, "O gato Gaiado e a andoriña Señá: unha historia de amor" de Jorge Amado, "Contos ao teléfono" de Gianni Rodari, entre outros autores.
Nos seguintes enlaces atoparades recursos interactivos para aprender máis sobre ela, a súa vida e obra que poderedes realizar desde a casa ou ben desde as aulas cós vosos compañeiros e compañeiras.
Descubre un conto de Xela Arias
Agardo que vos gusten!
E lembrade:
"O idioma é a forza que nos xungue e sostén, se perdemos a fala, non seremos ninguén"
(Manuel María)
Apertas,
Golfi
luns, 26 de abril de 2021
Semana do libro no CEIP de Zalaeta
Ola amig@s,
Gustaríame amosarvos as recomendacións lectoras do alumnado que está querendo compartir con todos e todas, a través de imaxes, vídeos, debuxos...cales son os seus libros favoritos.
No seguinte link, que irase actualizando ao longo desta semana, poderedes ver a selección feita polos nosos nenos e nenas. Unha mostra de títulos moi diversa, actual e que, sen dúbida, poñe de manifesto o bo gusto da nosa rapazada.
Pinchade aquí para ir ao PADLET
Apertas,
Golfi
venres, 23 de abril de 2021
23 de abril: Día do Libro
Ola amig@s,
Hoxe é o Día do Libro e gustaríame compartir con vós algunhas actividades interactivas para xogar, investigar, ler... para que fagades en familia nas vosas casas ou mesmo nas aulas cós vosos compañeiros e compañeiras.
Animádesvos?
https://view.genial.ly/5e9f57a568f8160da860889b/presentation-dia-del-librohttps://view.genial.ly/5e9f57a568f8160da860889b/presentation-dia-del-libro

Tamén, creamos un padlet específico para esta data onde, coa colaboración das vosas familias, nos gustaría que compartírades as vosas recomendacións lectoras por medio dun vídeo ( un Booktrailer), un debuxo ou unha reseña escrita. Seguro que tedes en mente moitos libros para amosarnos! Non deixedes de facelo!
Ao longo da próxima semana compartirei no blogue o enlace ao padlet coas vosas recomendacións.
Apertas,
Golfi
venres, 2 de abril de 2021
Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo
Ola amig@s,
Estamos de vacacións de Semana Santa, mais non quería deixar de pasar por aquí para compartir con vós a imaxe do noso faro, a Torre de Hércules, iluminada de azul.
Sabedes a que se debe esta acción? A razón é que hoxe, 2 de abril, é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, un trastorno que presentan máis de 450.000 persoas en España e se estima que 7 millóns en todo o mundo. Cada ano, desde 2007 no que se declarou oficialmente esta data para amosar o apoio á xente con Trastorno do Espectro Autista (TEA), miles de edificios e monumentos emblemáticos de tódolos lugares do planeta "vístense" de azul, a cor que simboliza e identifica o Autismo, como mostra de solidariedade có colectivo TEA e coas súas familias.
Este 2021, baixo o lema "Puedo aprender. Puedo trabajar", as Asociacións adicadas a atención das persoas TEA pretenden crear conciencia sobre como lograr as condicións axeitadas para facer que a educación e o emprego sexan máis accesibles para este colectivo, visibilizando as barreiras e oportunidades existentes neste senso.
Este contenido ha sido publicado originalmente por Diario EL COMERCIO en la siguiente dirección: https://www.elcomercio.com/afull/azul-simbolo-autismo-dia-onu.html. Si está pensando en hacer uso del mismo, por favor, cite la fuente y haga un enlace hacia la nota original de donde usted ha tomado este contenido. ElComercio.com
Este contenido ha sido publicado originalmente por Diario EL COMERCIO en la siguiente dirección: https://www.elcomercio.com/afull/azul-simbolo-autismo-dia-onu.html. Si está pensando en hacer uso del mismo, por favor, cite la fuente y haga un enlace hacia la nota original de donde usted ha tomado este contenido. ElComercio.com
luns, 8 de marzo de 2021
8M e as mulleres que iluminan
Ola amig@s,
Hoxe, 8 de Marzo, conmemórase o Día Internacional da Muller. Conscientes da importancia desta data desde o centro quixemos celebralo cunha muller moi especial, Cristina Fernández, fareira, xa retirada, do Cabo Vilán durante 44 anos. A través dunha entrevista realizada polos nosos nenos e nenas, esta pioneira galega cóntanos como foi adicarse a unha profesión tradicionalmente de homes e a marabillosa experiencia de vivir neste faro estratéxico da Costa da Morte.
Asemade, non podíamos esquecer neste día tan significativo para o logro dunha sociedade igualitaria, a tódalas mulleres da vida do noso alumnado: nais, avóas, tías, madriñas, bisavóas...para as que elaboramos unha actividade en homenaxe á trascendencia da súa labor.
Porque todas elas son e serán sempre mulleres que iluminan.
Pinchade aquí para ver o resultado
Unha aperta,
Golfi

https://view.genial.ly/6064f3237e2ace0cd7da3a4e/presentation-presentacion-basicahttps://view.genial.ly/6064f3237e2ace0cd7da3a4e/presentation-presentacion-basicahttps://view.genial.ly/6064f3237e2ace0cd7da3a4e/presentation-presentacion-basicahttps://view.genial.ly/6064f3237e2ace0cd7da3a4e/presentation-presentacion-basica
venres, 5 de marzo de 2021
Estreamos nova imaxe do noso blogue!
Ola amig@s,
Estou moi contento porque o noso blogue estrea nova imaxe cunha das vosas creacións. A súa autora é Zoe, alumna de 4º A. Noraboa polo túa imaxinación e bo facer! Non quero deixar de felicitar aos demais participantes do concurso e darvos as grazas pola vosa implicación.
Velaquí os seus debuxos. Sen dúbida, o Ceip de Zalaeta ten unha canteira de pequenos grandes artistas.
Estade moi atent@s porque pronto no blogue poderán verse tódalas cousas que estivemos facendo e realizaremos ao longo do curso, que son moitas. Porque a COVID non pode nin poderá nunca coa nosa ilusión e gañas de mellorar o mundo desde o noso gran cole.
Unha aperta,
Golfi
mércores, 24 de febreiro de 2021
A auténtica Rosalía é a nosa
Ola ami@s,
Hoxe, 24 de febreiro, conmemórase o Día de Rosalía pois nun día así hai 184 anos naceu esta figura esencial do Rexurdimento galego. Conscientes da trascendencia da súa figura, no CEIP de Zalaeta quixemos darlle o noso particular homenaxe a unha muller que loitou, a través das súas verbas, pola liberdade, en tódolos seus sensos.
Unha aperta,
Golfi
venres, 12 de febreiro de 2021
Chegou o Entroido ao CEIP de Zalaeta!
Ola amig@s,
Xa chegou o Entroido ao noso cole! Este ano, a pesares das limitacións que impón o COVID, non queríamos deixar de celebrar esta festa tan importante da cultura e tradición galega. Así que, aproveitando a investigación que estamos a facer sobre a Costa da Morte e a ruta dos faros que a percorre para poder atopar ao noso náufrago perdido, decidimos que a temática dos nosos disfraces fose a mar e todo o universo natural e máxico que hai arredor dela.
Medusas, cabaliños de mar, estrelas mariñas, piratas, mariñeiros, náufragos...Pasen e vexan o ben que o pasamos e as estupendas coreografía dos nosos nenos e nenas neste flashmob do máis mariñeiro.
Apertas,
Golfi
luns, 8 de febreiro de 2021
Extra, extra! Concurso para renovar a imaxe do noso blogue
Esta mensaxe vai dirixida ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Convídovos a participar nun concurso para renovar a imaxe do blogue da biblioteca.
Gustaríame que me debuxárades no lugar onde vos imaxinades que estou sempre ou naquel que quixérades que estivera.
O debuxo gañador será a nova imaxe do noso blogue.
Tedes ata o 19 de frebreiro para entregar ás vosas propostas aos vosos/as titores/as que deberá ser en formato A5 apaisado.
Mergulládevos nun mar de ideas e... A crear!
Golfi
venres, 29 de xaneiro de 2021
A paz está nas nosas mans
Ola amig@s,
Hoxe celebramos o Día Escolar da non Violencia e a Paz que se conmemora mañá, 30 de xaneiro. Sabedes por que precisamente nesta data? A razón é que se trata do aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza no seu país.
No noso centro quixemos celebrar este día construindo entre todos os niveis educativos unha pomba da paz con pezas realizadas por cada unha das aulas. O resultado non puido ser máis orixinal e fermoso. Mais o importante non era tanto a creatividade senón a simboloxía do acto: a unión e a fraternidade para un obxectivo en común.
Tamén, quixemos contribuir desde a biblioteca á celebración desta data tan significativa cunha mostra de títulos que fomentan a educación en valores como a tolerancia, a solidariedade, a concordia, a convivencia ou o respecto aos Dereitos Humanos.
Nunca esquezamos que a paz está nas nosas mans.
Hoxe, mañá e todos os días do ano.
Apertas,
Golfi
luns, 21 de decembro de 2020
Un Nadal de conto

Ola amig@s,
Teño moitas novidades que contarvos, pero non será ata despois do Nadal cando poida facelo. Como sabedes, este verán, mentras gozaba dunha xornada de descanso tomando o sol nas rochas dunha praia da Costa da Morte, atopei unha botella cunha mensaxe dun náufrago. Toda esta investigación tenme moi ocupado e en xaneiro novas pistas chegarán ao cole para que me axudedes a localizalo porque eu só non dou a basto.
Mentras tanto, gustaríame que sigades soñando e imaxinando mundos marabillosos a través das historias que agochan os libros. O Nadal é unha época máxica onde podemos aproveitar para estar coa familia, descansar e ler libros alucinantes pois nunca esquezades que un libro é un soño que temos entre as mans.
Déixovos algunhas recomendacións de libros para todas as categorías de lectores. Agardo que vos gusten e que vos divirtades tanto como eu léndoos.
Tamén, gustaríame compartir con tódalas familias o bonito que está o noso cole grazas aos faros feitos polos nenos e nenas, que iluminan as entradas, andares, corredores e recunchos da escola. Porque o Nadal é época de paz e moita luz. Agardo que vos guste!
Bo nadal!
mércores, 25 de novembro de 2020
25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Ola amig@s,
Hoxe, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Unha data de especial importancia na que se reivindica como un piar fundamental a necesidade de vivir nunha sociedade igualitaria e libre, na que mulleres e homes teñamos os mesmos dereitos e obrigas.
Os nosos nenos e nenas serán os responsables do mundo de mañá, desa sociedade equitativa pola que loitamos, e por iso é esencial que tomen conciencia da desigualdade de xénero aínda vixente, deses estereotipos sexistas que perpetúan a estrutura patriarcal, e da necesidade de derrubalos.
Por medio dos libros, o noso alumnado é quen de descubrir a mulleres silenciadas ao longo da historia ou de entender que non todas as nenas queren ser princesas nin xogar con monecas. A través da mostra que vedes na imaxe quixemos achegarlles títulos que contribúan a construir unha sociedade libre de pensamentos e actitudes machistas.
Tamén, quero mostrarvos o vídeo elaborado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega na que todo o centro participou interpretando a canción de Rozalén, A Porta Violeta, convertida xa nun símbolo da loita feminista.
Unha aperta e lembrade: Non hai liberdade sen igualdade!
Golfi