domingo, 11 de decembro de 2022

Novidades!

Atención, lectores e lectoras de Zalaeta! Chegaron novidades á biblioteca. Temos novas series e novos exemplares de series que xa coñecedes. Animádevos a vir, agardámosvos!

domingo, 6 de novembro de 2022

Buzón de suxestións.

 Xa tedes un buzón de suxestións na biblioteca para facer as vosas achegas. 


mércores, 19 de outubro de 2022

Día das bibliotecas escolares: 24 de outubro.

Outro ano máis, co gallo do Día das bibliotecas escolares, invitámosvos a participar nunha nova edición de PILLEITE LENDO! 

Só tedes que subir ao padlet as vosas fotos máis orixinais nas que vos pillen lendo. Golfi agarda as vosas fotos!

Instrucións: Para subir as fotos premede no símbolo + que se atopa debaixo de cada curso. Desprazade a barra inferior para ver os seguintes cursos. E non esquezades poñer o voso nome (sen apelidos) e o título da imaxe. 


Hecho con Padlet

martes, 18 de outubro de 2022

Golfi Informa!

Golfi vainos ir informando de moitas novas!

Estas son as máis recentes:


xoves, 6 de outubro de 2022

mércores, 5 de outubro de 2022

martes, 13 de setembro de 2022

luns, 12 de setembro de 2022

luns, 20 de decembro de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL!

https://view.genial.ly/61aa248835dc8d0de2dfdd9b/interactive-content-calendario-de-lecturas-de-nadal

venres, 10 de decembro de 2021

 


CLUB DE LECTURA NO CEIP DE ZALAETA   

      



 BOAS NOTICIAS!  XA TEMOS NO CEIP DE ZALAETA UN CLUB OFICIAL DE LECTURA PARA O ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA QUE SE QUERAN APUNTAR ! 

   


xoves, 25 de novembro de 2021


25 DE NOVEMBRO 


O 25 de novembro celebramos o día internacional da eliminación da violencia contra a muller e dende a escola rexeitamos calquera tipo de violencia e sumámonos á loita por unha sociedade libre da mesma. 

Con elo compartimos unha selección de coNtos que de manera directa ou indirecta tratan este 


venres, 12 de novembro de 2021

 


MES DA CIENCIA EN GALEGO

Chega novembro, o MES DA CIENCIA EN GALEGO  

Dende o equipo de biblioteca e para conmemorar esta data propuxemos que cada unha das titorías fixese ao longo do mes un "experimento".  Para elo poden empregar os IPADS coas App dirixidas a dimensionar  algúns destes . Temos un mural preparado no que se expoñerán as actividades científicas que se realizaron en cada aula e así poder compartilo con todo o alumnado do centro.



mércores, 27 de outubro de 2021

SEMANA DO SAMAÍN

 


                 SEMANA DO SAMAÍN NO CEIP DE ZALAETA, este ano a biblio si que esta de dar medo sobre todo estes días, pero igualmente temos novidades lectoras que deixarémosvos no expositor para que vaidades tomando nota da vosa próxima lectura. Tamén incluiremos algunhas actividades e xogos por se VOS ATREVEDES A FACELAS...


   

               Pasade polo primeiro andar e botade un ollo!!!

               E para os máis valentes temos este corto da Bruxa Regañadentes....

       


              Se queres ser o que máis sabe sobre o noso Samaín, este xogo pode axudarte.

1

2
  
              
 
                                     



luns, 18 de outubro de 2021

24 DE OUTUBRO " DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES"


         Ola nenas e nenos! son Golfi, a mascota da biblioteca, xa estou de volta despois dun verán de moitas aventuras e descubrimentos. 
    Teño moitas novidades, como sabedes estamos preparando un espazo novo para a biblioteca do cole que pronto poderedes visitar. 

    Hoxe teño unha proposta para vós, o próximo dia 24 celébrase o día das Bibliotecas Escolares e para conmemoralo propóñovos esta actividade para facer coa familia. 

                          https://padlet.com/bibliogolfi/2cv7fhazzpso2vu4

    Espero que vos animedes e agardo as vosas fotos.        

        INSTRUCIÓNS : Para subir a foto ide ao seguinte taboleiro, pulsando sobre o signo + situado na marxe inferior do curso correspondente, e así podedes engadir a vosa foto dun xeito moi sinxelo. 
Non esquezades indicar o título da foto e o nome (sen apelido).

MURO DE PADLET  👇

Hecho con Padlet

martes, 29 de xuño de 2021

A nosa ruta dos faros

    Ola, amig@s:


Este é o resultado do traballo que fixeron os nenos e nenas de Zalaeta sobre a ruta dos faros que une a Costa da Morte.

 Aquí poderedes ver os vídeos realizados por cada aula para amosar o aprendido ao longo deste curso. 

Grazas polo camiño percorrido durante estes meses!

Bo verán!


Golfi