xoves, 26 de febreiro de 2026

Encontro literario con Sabela Fernández Trelles.



Imaxes da visita da autora á biblioteca:


 





mércores, 25 de febreiro de 2026

Encontro literario con María Canosa.

 


Imaxes da visita da autora á nosa biblioteca:






luns, 23 de febreiro de 2026

Novidades na biblioteca.

Aí temos algunhas das novidades da nosa biblioteca. Outras xa viaxan nas mochilas.  






xoves, 19 de febreiro de 2026

Mochilas viaxeiras.

 As nosas mochilas viaxeiras están listas para viaxar! 





mércores, 18 de febreiro de 2026

Día de Rosalía 2026.

 O vindeiro martes 24 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía. Aquí temos o noso expositor con libros da autora, para que poidades ler nas aulas ou na casa. 




mércores, 11 de febreiro de 2026

Recuncho de lettering e de debuxo.

 Inauguramos unha nova sección na nosa biblioteca. Trátase dun recuncho de lettering e de debuxo. Poderedes vir a practicar cos libros, fichas e novos rotuladores que ten Golfi para vós. 





Entroido 2026.

 Para acompañar a festa de Entroido que teremos no centro o vindeiro venres, dende o equipo de biblioteca preparamos tamén unha pequena exposición con libros que temos sobre esta época do ano. 



xoves, 5 de febreiro de 2026

domingo, 18 de xaneiro de 2026

Visita do Centro Oceanográfico da Coruña.

Enmarcada dentro do noso P.D.I. deste ano sobre o MAR, o pasado venres recibimos a visita de catro traballadoras do Centro Oceanográfico da Coruña. Acudiron a ela o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P. e foi unha visita moi práctica, entretida e ben interesante. Encantounos!



domingo, 21 de decembro de 2025

Recomendacións lectoras de inverno.

 Deixámosvos a continuación uns libros que vos recomendamos. Tamén incluímos este ano xogos educativos por se poden ser de interese para estas datas. Boas vacacións!

Recomendacións de inverno 2025! de MARÍA MARTÍNEZ

mércores, 3 de decembro de 2025

Día da Discapacidade. 3 de decembro.

 


Hoxe, 3 de decembro, é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Golfi deixounos polas aulas unhas cartas invitándonos a coller un dos libros que seleccionou sobre este tema e lelo e comentalo nas aulas. Así o fixemos!






venres, 31 de outubro de 2025

Contacontos. Samaín 2025.

 O alumnado de 6º de E.P. preparou o conto "Corre corre cabaciña" para contarllo e cantarllo ao alumnado de Infantil. Organizados por equipos, fixeron tres sesións de contacontos estupendas! Parabéns rapaces!



Lecturas ás escuras. Samaín 2025

 Durante esta semana, no recreo, tivemos varias sesións de lecturas ás escuras. Por aquí deixamos un vídeo-resumo.



xoves, 30 de outubro de 2025

domingo, 26 de outubro de 2025

SAMAÍN!

 O vindeiro xoves 30 de outubro celebraremos o Samaín no cole. Estamos organizando varias actividades para ese día, por aquí vos deixamos o cartel.