venres, 31 de outubro de 2025

Contacontos. Samaín 2025.

 O alumnado de 6º de E.P. preparou o conto "Corre corre cabaciña" para contarllo e cantarllo ao alumnado de Infantil. Organizados por equipos, fixeron tres sesións de contacontos estupendas! Parabéns rapaces!



Lecturas ás escuras. Samaín 2025

 Durante esta semana, no recreo, tivemos varias sesións de lecturas ás escuras. Por aquí deixamos un vídeo-resumo.



xoves, 30 de outubro de 2025

domingo, 26 de outubro de 2025

SAMAÍN!

 O vindeiro xoves 30 de outubro celebraremos o Samaín no cole. Estamos organizando varias actividades para ese día, por aquí vos deixamos o cartel. 




xoves, 23 de outubro de 2025

Día das Bibliotecas 2025.

 Hoxe 24 de outubro é o DÍA DAS BIBLIOTECAS. Para esta ocasión, e por segundo ano consecutivo, o alumnado de 6º de Primaria preparou e gravou un podcast falando deste día. Agardamos que vos guste.


A partir deste podcast, o alumnado preparou este vídeo cos seus propios avatares. 




           



martes, 14 de outubro de 2025

Lotes de libros sobre O MAR.

 Golfi preparou uns lotes de libros sobre O MAR para cada unha das aulas. Trátase de libros informativos e de ficción para que os teñades para as horas de lectura. Irán rotando por todas as aulas. Agardamos que vos gusten. 



luns, 13 de outubro de 2025

Día das escritoras 2025


O Día das Escritoras é unha iniciativa  organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas, asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritoras e Escritores (ACE) e oCentro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

A X Edición celébrase este ano 2025 o 13 de outubro baixo o lema "1975: Escribide, compañeiras!".
 
"As escritoras activas ao redor de 1975 reflicten en moitas das súas obras o desexo dun cambio profundo e radical nas vidas das mulleres, denuncian a falta de liberdade e de autonomía, dan testemuño do que ocorre fóra de España, esixen unha nova orde amorosa e un cambio nas leis que as veu marxinando durante o franquismo".
        Anna Caballé, comisaria de la X edición del Día de las Escritoras.
(Texto da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia).



A nosa pequena exposición de libros de escritoras:



sábado, 11 de outubro de 2025

P.D.I.: O MAR.

 Durante este curso, Golfi proponnos investigar e aprender sobre o seu medio: O MAR. Para iso, dende a biblioteca, elaboramos este PADLET no que iremos colocando os recursos dixitais relacionados co tema que vaiamos atopando e empregando nas nosas aulas. Así, crearemos un banco de recursos de xeito colaborativo entre os diferentes niveis do centro. 




mércores, 8 de outubro de 2025

Benvida á biblioteca. Sesión de formación de usuarios.

 Esta semana abrimos a nosa biblioteca. Golfi estaba agardando por nós con moitas ganas de vernos! Na primeira visita de cada aula á biblioteca aproveitamos para facer unha pequena sesión de formación sobre como está organizada agora a biblioteca e dar o pistoletazo de saída ao noso P.D.I. de centro deste ano. 

Aquí podedes ver algunhas fotiños das sesións. 


martes, 30 de setembro de 2025

Vídeo inicial P.D.I. "O mar".

A continuación presentamos o vídeo inicial do noso proxecto documental integrado (P.D.I.) de centro deste curso, que tratará sobre O MAR:
 

luns, 29 de setembro de 2025

Guía de usuarios da biblioteca de Zalaeta.

 A continuación deixamos a guía de usuarios da biblioteca do CEIP de Zalaeta. 



GUÍA DE USUARIOS DA BIBLIOTECA DE ZALAETA de MARÍA MARTÍNEZ

luns, 8 de setembro de 2025

domingo, 29 de xuño de 2025

mércores, 18 de xuño de 2025

Recomendacións lectoras para o verán!

 Dende a biblioteca achegámosvos algunhas ideas de lectura para este verán. Agardamos que gocedes das lecturas, destas e doutras. Bo verán!


venres, 16 de maio de 2025

Día das Letras Galegas 2025

 


Este venres 16 teremos a ocasión de participar nun concerto didáctico organizado pola asociación cultural Cántigas da Terra. Nel farannos un percorrido polos intstrumentos e cantigas tradicionais galegas, aprendendo así sobre a poesía popular galega á que homenaxeamos neste Día das Letras Galegas. 
Ademais, dende o centro, na aula de música, estivemos a preparar cantigas tradicionais para interpretar neste día e bailaremos xuntos unha muiñeira que temos moi ensaiada. 
Nos vindeiros días deixaremos por aquí unha reportaxe co ben que o fixemos. 

luns, 12 de maio de 2025

E-LBE.2: Plataforma para a lectura dixital.

Premede na imaxe para acceder a E-LBE.2 a plataforma de lectura dixital para as bibliotecas escolares. Nela podedes levar en préstamo libros para ler en formato dixital. 
Lembrade que vos entregamos o contrasinal e o usuario ao comezo de curso, co gallo do Día das Bibliotecas, pero se non entrastes naquel momento agora xa estarán caducados. Se é o caso, podedes escribirnos a bibliogolfi@ceipzalaeta.com e facilitarémosvos unhas novas credencias de acceso. 



Que gocedes das lecturas!

 

mércores, 7 de maio de 2025

Día das Letras Galegas 2025.

Para prepararnos para o Día das Letras Galegas, que conmemoraremos a vindeira semana, temos pola biblioteca catro libros cos que poder informarnos sobre as homenaxeadas deste ano. 




mércores, 30 de abril de 2025

Libros pola diversidade.

 Incorporamos unha nova sección á nosa biblioteca: o recuncho dos libros pola diversidade. 






mércores, 23 de abril de 2025

Día do Libro 2025: Vídeo-resumo das actividades realizadas.

 - Apadriñamento lector entre 4º, 5º e 6º de E. Primaria e 4º, 5º e 6º de E. Infantil.



- Lecturas na rúa, lecturas co mar, sempre un libro me acompañará. Recomendacións lectoras e lecturas na rúa por parte do alumnado de Educación Primaria: 

Día do Libro 2025. Canción: "Un libro... mi tesoro".

 Hoxe é o Día do Libro e, para festexalo, publicamos este vídeo que gravaou o alumnado de 1º e 2º de Primaria na nosa biblioteca. Trátase dunha canción que estivemos preparando na aula de Música titulada "Un libro... mi tesoro" de Requetecorcheas. Agardamos que vos guste!


Día do Libro 2025: Actividades programadas.

Para conmemorar o Día do Libro, dende o equipo de biblioteca organizamos as seguintes actividades:  


mércores, 9 de abril de 2025

venres, 28 de marzo de 2025

martes, 25 de marzo de 2025

Día Mundial da Poesía: 21 de marzo.

 Co gallo do Día Mundial da Poesía que tivo lugar o pasado venres 21 de marzo, o alumnado de 2º A recitou unha fermosa poesía titulada "Chegou a primavera". 


xoves, 20 de marzo de 2025

mércores, 19 de marzo de 2025

xoves, 6 de marzo de 2025

Libros para o 8 - M.

Fixemos unha pequena exposición dalgúns libros que temos na biblioteca para o Día da muller. Agardamos que vos resulten interesantes!




xoves, 27 de febreiro de 2025

Entroido!

Temos algúns libriños na exposición axeitados para este tempo de Entroido!

 



Coma sempre, na web do cole temos toda a información das actividades que realizaremos mañá para festexar este día. 

xoves, 20 de febreiro de 2025

Día de Rosalía.

 


Como seguro sabedes, o vindeiro 24 de febreiro é o Día de Rosalía, e no centro celebrámolo o venres 21. Dende a biblioteca fixemos unha exposición con libros da autora, algúns xa os levaron en préstamo pero nesa fotiño están algúns deles! Proximamente atoparedes máis información das actividades que faremos este venres na web do cole. 

xoves, 6 de febreiro de 2025

Novidades na nosa biblio!

 Chegaron novidades á nosa biblioteca. Neste caso son peticións do alumnado de Primaria. Agardamos que gocedes das lecturas e a por elas!