luns, 2 de decembro de 2013

luns, 25 de novembro de 2013

25 de novembro : Contra a Violencia de Xénero


” … – Que te aburriches!- berraba Artur indignado- Só os parvos se aburren”
“… A Clementina dáballe vergoña ser tan parva”
” … _ Que vas tocar ti a frauta! Estou seguro que non vas ser capaz”
” … – Pero que che pasa agora? outra idea ridícula. Non pensarás que es artista? Vaia parvada”
“…non vaia ser o demo que Artur se farte de ter unha esposa tan burra.Esforzareime por falar o menos posible”
“… -Que farías ti sen min?- dicíalle el.

…CANDO UNHA MAÑÁ DE PRIMAVERA CLEMENTINA DECIDIU QUE A SÚA VIDA NON PODÍA SEGUIR ASÍ.
AS CRÍTICAS DE ARTUR XA TANTO LLE TIÑAN…
…E UN DÍA AO REGRESAR ARTUR ATOPOU A CASA BALEIRA.

luns, 16 de setembro de 2013

Bibliotecas Escolares de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), publica cada ano uns carteis divulgativosque pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras.
O lema elixido para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR,trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de PATRICIA CASTELAO.
+ información 

mércores, 8 de maio de 2013

domingo, 28 de abril de 2013

Bebé Bigotes

XORNADAS DE LECTURA NA BIBLIOTECA
O vindeiro martes, 30 de abril, Sara Pereira, de 4º de Primaria, lerá o conto titulado “Bebé Bigotes”.

IMG_0001

PIDE A TÚA INVITACIÓN!

venres, 19 de abril de 2013

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2013

“Este día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a ela, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio da edición, as librarías, as bibliotecas e as escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo”.


(Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO co gallo da celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, o 23 de abril de 2013)

Concursos “Día do Libro 2013”

Como todolos anos por estas datas, BiblioGolfi convoca sendos concursos de debuxos pare EI e de contos para EP, aquí temos os carteis que nolo anuncian:


                PARTICIPADE!

luns, 15 de abril de 2013

“El camino de Olaj” contado por Manuel Vázquez

XORNADAS DE LECTURA NA BIBLIOTECA
O vindeiro martes, 16 de abril, J. Manuel Vázquez, de 5º de Primaria, lerá o conto titulado
El camino de Olaj”


PIDE A TÚA INVITACIÓN!

luns, 1 de abril de 2013

VISITA DE Jacobo Fernández

O pasado 19 de marzo visitounos Jacobo Fernández, autor de ” A pedra e as formigas” e ” Marcopola” entre outros libros.
Nos seguintes enlaces podedes ver os traballos que fixeron os alumnos de EI e 1º ciclo de EP para recibilo.

“SAL E AZUCRE” POR MATEO ABELENDA

O vindeiro mércores, 3 de abril, Mateo Abelenda, de 5º de Primaria, lerá o conto titulado “Sal e Azucre”.


 PIDE A TÚA INVITACIÓN!

xoves, 7 de marzo de 2013

Aprender a buscar na rede

Dúas compañeiras das Bibliotecas do CEIP Milladoiro de Málpica e o IES Sánchez Cantón de Pontevedra, fixeron un traballo excelente para ensinarnos a buscar na rede.
Aquí podemos ver e imprimir os seus consellos e ante todo, dámoslles as grazas por compartilo con todos nós.


venres, 1 de febreiro de 2013

UN GATO NA ÁRBORE

XORNADAS DE LECTURA NA BIBLIOTECA
O vindeiro xoves, 7 de febreiro, Anail Pérez e Ana María Posso, de 5º de Primaria, lerá o conto titulado “Un gato na árbore”. 

PIDE A TÚA INVITACIÓN!

xoves, 31 de xaneiro de 2013

Fina Casalderrey na RAG


Recordades a Fina Casalderrey?

Estivo con nós o pasado curso para celebrar as Letras Galegas, pois agora acaba de ser nomeada membro da Real Academia Galega, todas as bibliotecas escolares de Galicia estamos moi contentas coa noticia, e nós aínda temos a súa visita moi recente, para que  vos acordedes picade na imaxe











Para saber máis sobre Fina Casalderrey visitade o seu blogue:
Blogue de Fina Casalderrey

DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ

 
MANIFESTO POLA PAZ
O día escolar pola PAZ que conmemoramos hoxe, aniversario da morte de Gandhi, é unha moi boa ocasión para reflexionar sobre este tema transversal e por tanto obrigatorio pero que ás veces celebramos dun xeito anecdótico e sen darlle o seu verdadeiro valor.
Hoxe en día o mundo está asolado por loitas entre irmáns, pola fame e falta de traballo, por guerras sen motivo que destrozan terras, vidas, sentimentos...
Contra esta cultura da guerra debemos contrapoñer unha cultura de PAZ, unha cultura de convivencia baseada nos principios de liberdade, de xustiza e de democracia, de tolerancia e de silidareidade e fundamentalmente de respecto ós dereitos humanos.
É dicir, unha cultura que rexeite a violencia para buscar pola vía do diálogo e da negociación, unha solución dos problemas.
Nestes momentos nos que se percibe unha violencia nas aulas, e na sociedade téndese a culpabilizar á escola de que non educa para os problemas do noso tempo e fana responsable como institución e tamén ao seu profesorado de non saber frear a tempo estas tendencias.
Educar para a PAZ é tan necesario como difícil.
Construir a PAZ non consiste en reparar os danos, senón en evitar que se produzan, en levar a cabo unha acción preventiva.
E isto é posible se todos participamos desta tarefa, se cada un de nós fai da PAZ un asunto persoal.
O noso empeño, o de todos: pais, mestres, nenos e nenas.... está en axudar aos máis desfavorecidos, en aprender a vivir xuntos e a construir xuntos, a pesar dos desacordos e das diferencias.
O desenvolvemento para a PAZ,
e a PAZ para o desenvolvemento,
debe ser un, quizás o máis importante,
dos nosos obxectivos como educadores.
Fátima
       

martes, 29 de xaneiro de 2013

A tartaruga que quería durmir

O pasado xoves, 24 de xaneiro puidemos escoitar de novo un conto en "BiblioGolfi", esta vez foron Natalia e Ximena as encargadas de facernos pasar un bo rato co conto: "A tartaruga que quería durmir"



Gustounos moito o como o fixechedes!

venres, 25 de xaneiro de 2013

CONCURSO AEROPORTOS VERDES

O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria, a raiz da visita ao aeroporto de Alvedro, participou no “Proxecto “Aeropuertos Verdes”. Xa están publicados na páxina web www.aeropuertosverdes.es , na sección retos por equipos, todos os traballos presentados polos colexios que participaron este curso no “Proyecto Aeropuertos Verdes”.


 Dado que un dos criterios para seleccionar ao equipo gañador será o número de votos recibidos, ANIMÁMOSVOS A QUE VOTEDES os traballos do noso alumnado. Grazas pola vosa colaboración.