mércores, 19 de decembro de 2018

Feliz Nadal!

Un ano mais quero felicitarvos esta festas que están por chegar e para iso fixen esta postal.


domingo, 28 de outubro de 2018

O cole vístese de Samaín

Ola de novo!
Chega o outono, caen as follas, empeza o fresquiño e tamén temos aquí o Samaín que se celebra en toda Galicia.
O cole énchese de historias de medo, cabazas, e decoracións terroríficas....

Na entrada da biblioteca podedes ver unha exposición cunha selección de libros, espero que a disfrutedes.



domingo, 16 de setembro de 2018

Axudantes para BiblioGolfi

Ola a toda@s!
Un curso mais quero pedirvos a vosa axuda, como xa sabedes a biblioteca abre os luns e martes durante todo o curso, necesitasmos que @s nen@s de 5º e 6º de primaria nos axudedes a atender a todos os que veñan, xa sabedes ordenar libros, repartir Ipads, manter todo organizado é moi importante para disfrutar na biblioteca.




Moitas grazas!!!

luns, 10 de setembro de 2018

Benvida ao novo curso

Ola chicas e chicos!
Chega outro vez setembro e de novo nos encontramos cas amigas e amigos, as profes, a biblio, o patio,...
Pronto teredes noticias miñas.
Que ganas tiña de vervos !

domingo, 17 de xuño de 2018

A Memoria de Zalaeta

Ola chic@s! Xa a piques de rematar o curso... Que ganas de verán teño! Mirade neste vídeo o traballo que os nen@s de 5º e 6º de Primaria fixeron en colaboración co Museo de Belas Artes.

mércores, 23 de maio de 2018

Revista das Letras Galegas

Xa está lista a revista que fixemos con todos os vosos traballos para o día das Letras Galegas, moitas grazas por participar!

domingo, 13 de maio de 2018

Visita de Antón Cortizas

Hai uns días estivo co alumnado de 1º e 2º de primaria Antón Cortizas co seu libro "O lapis de Rosalía" contestou a todas as nosas preguntas e díxonos que Rosalía é unha das súas fillas a quen lle escribiu o libro cando era pequena, ademais fíxonos unha bolboreta de papel...
Os nenos e nenas fixeron para Antón un cartel de benvida, pódese ver ao fondo das imaxes.
Que ben o pasamos!!

luns, 23 de abril de 2018

Día do Libro 2018

Ola a tod@s! Como xa sabedes hoxe celebramos o día do libro, aquí podedes ver a revista que fixéchedes entre todos.
Moitas grazas por participar!

venres, 20 de abril de 2018

Ledicia Costas


Esta semana tivemos a sorte de ter un encontro ca escritora Ledicia Costas. 

Ela mesma descrébese así : Nacín en Vigo alá polo 1979, cando o verán estaba a piques de morrer. Neta dun inventor e filla de dous creadores de soños, escribo desde que teño memoria. Debutei na colección Fóra de Xogo coa novela “Unha estrela no vento” (Xerais 2000). Síntome poeta con alma de equilibrista, porque recito nos lugares máis propicios á caída: no autobús, no supermercado, nos bares, en tendas de conxelados… E debe ser por iso que formo parte do colectivo Poetas da Hostia. A miña obra poética está recollida en distintas publicacións colectivas. Individualmente teño publicado o poemario “Xardín de Inverno”. Son avogada a tempo parcial e poeta a tempo completo. E nas horas libres escribo novela, que é a miña verdadeira paixón.

Aínda que ten moitos títulos publicados, neste encontro falamos sobre “Escarlatina, a cociñeira defunta” (Xerais, 2014), libro que os nenos e nenas de 5º e 6º EP estiveron a ler. 




xoves, 22 de marzo de 2018

Primavera de poesías

Amig@s mariñeir@s!

Estes días salín da biblioteca e puiden apreciar como desbordaba a vosa creatividade. Que ledicia! 

As nenas e os nenos de Educación Infantil compuxeron este fermoso mural, recitaron Adiós ríos, adiós fontes da nosa gran Rosalía e fixéronse unha ofrenda floral. Que bonito!


O alumnado de Educación Primaria traballou arreo para sacar estes increíbles poemarios, e eu saquei da biblio as mellores pezas de poesía.

Aquí vos deixo os libros de poemas de primaria, disfrutadeos!

venres, 16 de marzo de 2018


21 de Marzo, día da poesía


Ola de novo!
O 21 de marzo conmemórase o día da poesía, e que mellor maneira de celebralo que poñeendo en práctica! 

Dende a biblioteca propoñemos a elaboración dun poemario de Zalaeta no que todas e todos poidamos participar. 
De que xeito? Pois compoñendoo unha poesía, ben soiños ou coa familia, escribindo algunha que nos goste moito ... ata podedes gravarvos recitando unha poesía! 

O único que necesitamos é ganas e ilusión, ánimo golfiños! 

venres, 23 de febreiro de 2018

Almas de Rosalía


Hoxe dinme unha volta pola galería de Educación Infantil e atopei estas fermosas ilustracións!

Todo amor dos máis pequen@s do cole hacia a nosa gran poeta Rosalía.





















mércores, 21 de febreiro de 2018

Sempre Rosalía


Ola a tod@s!

Estou aquí de novo para festexar unha data moi importe do noso calendario,  o  24 de febreiro.

Ese día de 1837 nada Rosalía de Castro, a mellor escritora e poeta galega ata os nosos días.

Rosalía caracterízase por ser unha muller loitadora da súa causa e da súa lingua, cun avanzado pensamento político e social do que estaba a pasar en Galicia. 

Escribiu tanto en galego como en castelán, relatando as súas vivencias, a súa morriña, a súa tristura e tamén o seu amor. Todo elo, plasmado en títulos como La Flor, A mi madre, Contos da miña terra, Cantares Gallegos, Follas Novas ou En las orillas del Sar, entre outros. 


Deixovos este enlace para que coñezades algo máis de Rosalía e se queredes ler algo dela, solo tedes que pasar pola biblioteca! 


martes, 30 de xaneiro de 2018

Feliz día da paz!



Que día tan especial! Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria recitaron un poema fermoso de Nicolás Guillén e logo entre todos cantamos unha adaptación, feita polas rapazas e rapaces de 5º e 6º de EP, da canción "Don´t worry, be happy". 



        Estes días atrás tamén estivemos poñendoo o noso gran de area para vivir en paz, fóra da violencia. A través destas imaxes podédesvos empapar do noso sentimento!


Eu recabando significados de paz.


As nenas e os nenos de EI son todo amor! 


@s de Primaria plasmaron a súa idea de cole en paz.