luns, 22 de xaneiro de 2024

Recursos para o Día Escolar da Non Violencia e a Paz: Wangari Maathai.

 Deixamos a continuación unha recopilación de recursos dixitais para traballar sobre a figura á que lle dedicamos este ano o Día Escolar da Non Violencia e a Paz en Zalaeta: Wangari Maathai. Agardamos que poidan ser de utilidade. 



Día Escolar da Non Violencia e a Paz: 30 de Xaneiro.

 Este ano en Zalaeta imos celebrar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz dedicándollo a Wangari Maathai

Wangari Maathai foi a primeira persoa africana en recibir o Premio Nobel da Paz en 2004 pola "súa contribución ao desenvolvemento sostible, a democracia e a paz".

Decidimos centrarnos este ano nesta persoa, xa que nos interesa a súa faceta como defensora do medio ambiente, ao estar vinculada co noso PDI deste ano sobre a horta. Neste sentido, Wangari Maathai fundou o "Movemento Cinturón Verde" no seu país, Kenia, e impulsou varios programas en diversos países africanos para loitar contra a desertificación, a deforestación, a crise da auga e a fame.