Estreamos novo recuncho na biblioteca. Nesta ocasión trátase dunha caixa con libros sobre a adolescencia e os cambios que esta etapa implica. Como principalmente será empregada polo alumnado de máis idade, colocámola no corredor do segundo andar. Estavos agardando!
BiblioGolfi
mércores, 10 de xuño de 2026
sábado, 6 de xuño de 2026
Libros sobre o espazo.
Temos preparada esta caixiña de libros sobre eclipses e o espazo para acompañar a exposición que teremos este mes de xuño no centro sobre o eclipse solar deste verán.
mércores, 27 de maio de 2026
Día das Letras Galegas 2026: Begoña Caamaño.
A semana das Letras Galegas comezou en Zalaeta cun contacontos titulado "Begoña na procura da verdade" que se levou a cabo na galería para todo o alumnado dividido en tres quendas.
Tamén para a conmemoración deste día, o alumnado preparou na aula de música tres cantigas tradicionais: "Catro vellos mariñeiros" (Infantil e 1º ciclo de Primaria), "O vello mentireiro" (2º ciclo de Primaria) e "Chiqui-chiqui de Lourido" (3º ciclo de Primaria). O venres 15 de maio, xuntámonos todos no patio para cantalas e, a maiores, cantamos unha cantiga de Uxía titulada "Begoñísima", dedicada á homenaxeada deste ano: Begoña Caamaño.
O alumnado tamén investigou e preparou uns textos sobre homenaxeadas das Letras Galegas doutros anos e con eles decoraron o traxe galego que loce na entrada do centro.
martes, 5 de maio de 2026
Maio, mes das flores.
Para este mes de maio, mes das flores, temos unha exposición na porta da biblioteca centrada nas flores, nos xardíns e na natureza.
xoves, 23 de abril de 2026
Actividades do Día do Libro.
O 23 de abril é o Día do libro e en Zalaeta tivemos moitas actividades para celebralo como se merece.
Comezamos a mañá cun conto musicado que o alumando de 6º de E.P. preparou para o alumnado de E.Infantil.
Máis tarde, 4º, 5º e 6º de Primaria leulles contos ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Infantil, respectivamente.
E xa despois do recreo, todo o alumnado de Primaria saíu á rúa para facer recomendacións lectoras e ler preto do mar. Pasámolo xenial. Feliz Día do Libro!
venres, 17 de abril de 2026
Día do Libro
Estas son as actividades que temos preparadas para conmemorar o Día do Libro. Boas lecturas!
Barco para decorar o centro coas portadas dalgúns dos nosos libros.
xoves, 9 de abril de 2026
Encontro literario con Eva Mejuto.
venres, 3 de abril de 2026
Encontro literario con Anxo Fariña.
luns, 23 de marzo de 2026
Día da poesía: 21 de marzo.
Selección de libros de poesía que colocamos no noso expositor para conmemorar o Día da Poesía.
domingo, 15 de marzo de 2026
sábado, 14 de marzo de 2026
Maleta viaxeira.
luns, 9 de marzo de 2026
mércores, 4 de marzo de 2026
8M: Día da Muller.
Colocamos no noso expositor algúns libros para aprender cousiñas en relación á conmemoración do Día da Muller.




























