mércores, 25 de novembro de 2020

25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 

Ola amig@s,

Hoxe, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Unha data de especial importancia na que se reivindica como un piar fundamental a necesidade de vivir nunha sociedade igualitaria e libre, na que mulleres e homes teñamos os mesmos dereitos e obrigas. 

Os nosos nenos e nenas serán os responsables do mundo de mañá, desa sociedade equitativa pola que loitamos,  e por iso é esencial que tomen conciencia da desigualdade de xénero aínda vixente, deses estereotipos sexistas que perpetúan a estrutura patriarcal, e da necesidade de derrubalos. 

Por medio dos libros, o noso alumnado é quen de descubrir a mulleres silenciadas ao longo da historia ou de entender que non todas as nenas queren ser princesas nin xogar con monecas. A través da mostra que vedes na imaxe quixemos achegarlles títulos que contribúan a construir unha sociedade libre de pensamentos e actitudes machistas. 

Tamén, quero mostrarvos o vídeo elaborado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega na que todo o centro participou interpretando a canción de Rozalén, A Porta Violeta, convertida xa nun símbolo da loita feminista. 

 


 

Unha aperta e lembrade: Non hai liberdade sen igualdade!

 

Golfi


 


venres, 20 de novembro de 2020

Día Mundial dos Dereitos da Infancia

 

 


 

 Ola amig@s,

Hoxe, 20 de novembro, celébrase o Día Mundial dos Dereitos da Infancia. Pero, desde cando se conmemora esta data? Debemos remontarnos a 1989, ano no que se creou a Convención sobre Os Dereitos do Neno no seo do Fondo Internacional de Emerxencia das Nacións Unidas (UNICEF). 

Desde entón foise ratificando pouco a pouco nos cinco continentes e, na acualidade, son 191 os países que aproban a Convención có fin de protexer xurídicamente a infancia, o colectivo mais vulnerable da nosa sociedade. 

No noso centro quixemos celebrar este día tan significativo a través da creación dun mural colectivo feito polos nenos e nenas dos diferentes niveis educativos no que se representan algúns dos dereitos máis importantes da infancia: dereito á asistencia sanitaria, á vivenda, á ter unha nacionalidade, á educación, ao xogo, a ter unha familia...

Tamén, desde o equipo de biblioteca, realizamos unha mostra dunha selección de obras na que se abordan temáticas relacionadas con estos dereitos e valores fundamentais para una infancia harmoniosa.


 Apertas, 


Golfi