mércores, 28 de febreiro de 2024

sábado, 24 de febreiro de 2024

Contacontos con David Rodríguez.

 O vindeiro luns 26 de febreiro ás 11 horas temos a sorte de ter na nosa biblioteca a David Rodríguez, que nos contará uns contos acompañado da súa guitarra. 





Día de Rosalía de Castro. 23 de febreiro.

Como xa sabedes, o 23 de febreiro é o día de Rosalía de Castro, data na que se conmemora o seu nacemento. Nas aulas de Infantil aprenderon e cantaron a cantiga "O Moucho" de Migallas, composta coa letra dun poema de Rosalía de Castro. 




Tamén fixeron esta manualidade, mirade que bonitas lles quedaron as pulseiras!