luns, 10 de decembro de 2012

NOVA XORNADA DE LECTURA NA BIBLIOTECA

O próximo mércores día 12 de decembro, ás 11.50 horas, celebraremos outra xornada de lectura na bibliteca.
Mª José Peña e Laura Peña, de 5º de EP, contarannos o libro: "As dentaduras de Paco Palma"


ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

martes, 27 de novembro de 2012

"PETRA" por Sofía Sobrino

XORNADAS DE LECTURA NA BIBLIOTECA Iniciamos as xornadas de lectura na Biblioteca. O vindeiro luns, 3 de decembro, Sofía Sobrino, de 5º de Primaria, lerá o conto titulado “Petra”.
 
PIDE A TÚA INVITACIÓN!

luns, 26 de novembro de 2012

LECTURAS NA BIBLIOTECA

O próximo mes de decembro iniciaremos as lecturas en voz alta en Bibliogolfi. Aquelas alumnas e alumnos que queiran apuntarse poden pasar calquer luns na hora do recreo para elixir o libro e fixar a data de lectura. ANIMADEVOS!Animades a ler con Golfi

Benvida ao novo curso

Por fin!! Apertura de BIBLIOGOLFI Aquí estamos de novo os usuarios e usuarias da Biblioteca do cole, outra vez cambiamos de ubicación, e ainda nos falta algúns detalles para estar totalmente colocada a biblioteca, pero xa imos a utilizala a pleno funcionamento.
  • Os luns, no recreo a biblioteca permanecerá aberta para todo o alumnado que queira vir traballar, ler ou consultar os ordenadores.
  • No mes de decembro iniciamos as lecturas en voz alta.
Vos manteremos informados das novidades e esperamos vervos o luns.

mércores, 18 de xullo de 2012

Concierto solidario

Como podedes comprobar a continuación todos podemos aportar o noso gran de area para axudar aos que menos teñen, esta é a meneira de facelo dun grupo de músicos, chámanse "Voces para la Paz" Aquí vos deixo un vídeo dun concierto deles

mércores, 20 de xuño de 2012

Ler non é clandestino

Os alumnos e alumnas do IES Chano Piñeiro de Forcarei (Pontevedra) fixeron este vídeo para animarnos a todos a seguir utilizando as bibliotecas e continuar lendo. Espero que vos guste.

domingo, 3 de xuño de 2012

Guía de árbores do Campo de Marte

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de E.P. traballaron sobre as árbores do Campo de Marte e este é o resultado do seu traballo: Guia árbores do Campo Marte PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO!

luns, 21 de maio de 2012

Semana das Letras Galegas 2012

Hai uns días que estamos traballando para celebrar o Día das Letras Galegas 2012, que xa sabedes que este ano está adicado a Valentín Paz Andrade. Para o venres 25 faremos o acto de conmemoración no cole, aquí tedes todas as actividades que faremos.

Programa de actividades

  • Día 14 de maio de 2012: Convocatoria do concurso de contos e debuxos coa temática xeral de: O Campo de Marte.

  • Día 14 de maio de 2012: Inauguración da exposición de carteis sobre Valentín Paz Andrade nas escaleiras do centro.

  • Días 21 ao 25 de maio de 2012: Exposición de libros escritos en Galego.

  • Día 25 de maio de 2012: celebración do día das Letras Galegas:

    • Lectura dunha pequena biografía de Valentín Paz Andrade.

    • Lectura dos contos premiados do 2º ciclo de E.P.

    • Entrega de premios do concurso de contos e debuxos.

    • Agasallo dun marcapáxinas para todo o alumnado.

    • Presentación do traballo elaborado para o programa Voz Natura:

      • Guia de árbores do Campo de Marte elaborada polos alumnos/as de 5º e 6º de Primaria.

      • Entrega dun tríptico sobre as árbores do Campo de Marte.

      • Entrega dun desplegable sobre as árbores e as súas partes para o alumnado de E.I. E 1º ciclo de E.P.

  • Concerto de gaita por parte de Saturno , avó do alumno de 4º de E.I Nicolás.

domingo, 13 de maio de 2012

EXPOSICIÓN DE CARTEIS LETRAS GALEGAS 2012

Xa entramos na celebración do Día das Letras Galegas 2012, temos preparados os carteis de Valentín Paz Andrade, para que os poidades ver, nas escaleiras do cole, pero por se non tedes moito tempo para pararvos alí tamén os podedes ver neste blogue.

Carteis_Primaria_Valentin

mércores, 9 de maio de 2012

Lecturas en voz alta

Biblio Golfi invita todos os mércores a escoitar contos na biblioteca contados polos alumnos e alumnas de 5º de E.P., aínda que o curso xa vai en busca do fin, aquí tedes o listado de alumnos/as lectores e dos que os foron a escoitar:
  • Marta le "A tartaruga que quería durmir" a 5º de EI
  • Sabela le "Tres osos" a 6º de EI
  • Victoria le "Mariluz, avestruz" a 1º de EP
  • Pablo le "Chocolata" a 2º de EP
  • Teo le "Corre, corre Cabaciña" a 4º EI
  • Paula le "O embigo de Xanecas" a 5º EI
  • Eduardo le "Sígueme" a 6ºEI
  • Fran le "Os sete irmáns chineses" a 1º EP
  • Mencía le " Os sete cabritillos" a 2ºEP
  • Claudia le " Bebé Bigotes" a 4ºEI
  • Andrea Latre "Paco Trolas" a 5º de EI
  • Julen le "As aventuras de Osiño" a 1º de EP
  • Jordi le "Un conto cheo de lobos" a 6º de EI
  • Diego le "A máscara do León" a 2º de EP
  • Laura le "Chuzos de punta" para 4º de EI
  • Iago Romar le " A bruxa regañadentes" a 5º de EI
  • Iago Costa le "O galo traganoces" a 6º de EI
Podedes ver as fotos na galería de imaxes da páxina web do cole.

xoves, 3 de maio de 2012

Valentín Paz Andrade

Este ano 2012 o día das Letras Galegas está adicado a Valentín Paz Andrade. Aquí podedes atopar un enlace para buscar información e divertirvos aprendendo.

Concurso literario das Letras Galegas 2012

Dende a biblioteca do cole e o equipo de dinamización lingüística convocamos un concurso para a celebraciónn das Letras Galegas 2012 no noso centro, os premiados recibirán o seu agasallo no acto de conmemoración que realizaremos o día 25 de maio.

O tema proposto este ano é o Campo de Marte ( o noso bosque urbano), os alumnos e as alumnas de educación infantil realizarán un debuxo e os de educación primaria participarán cun conto.

Os distintos mestres e mestras xa teñen listas as plantillas de participación, esperamos a vosa participación.

sábado, 21 de abril de 2012

Visita de Fina Casalderrey

O día 12 de abril tivemos unha visita que nos encantou, veu a vernos Fina Casalderrey, estivemos con ela no ximnasio, cantámoslle unha canción, regalámoslle os nosos traballos e fixémoslle algunhas preguntas. Aquí podedes ver o libriño que fixemos cos traballos sobre os seus libro e algunha foto da súa visita. libro fina

Libro Fina

fotos fina

Fotos Fina

venres, 20 de abril de 2012

Hans Christian Andersen

Para coñecer máis sobre o escritor Hans Christian Andersen.

Hans Christian Andersen

23 de abril, Día do Libro

O día 23 de abril celébrase o Día do Libro, elixiuse este día por coincidir coa morte dos escritores españois Miguel de Cervantes e Garcilaso de la Vega e o inglés William Shakespeare, todos no ano 1616. O 15 de novembro de 1995, a UNESCO aproba en París a celebración deste día como "Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor" Na cidade da Coruña as bibliotecas municipais celebran todos os anos este día con algún acto especial, este ano cunha manifestación pública a favor da lectura.

luns, 9 de abril de 2012

Saúdos de Golfi, a mascota da biblioteca.

Xa me coñecedes, son Golfi, a mascota da biblioteca do cole.

Quero animarvos a participar con comentarios e moita, moitísimas lecturas!