xoves, 31 de xaneiro de 2013

Fina Casalderrey na RAG


Recordades a Fina Casalderrey?

Estivo con nós o pasado curso para celebrar as Letras Galegas, pois agora acaba de ser nomeada membro da Real Academia Galega, todas as bibliotecas escolares de Galicia estamos moi contentas coa noticia, e nós aínda temos a súa visita moi recente, para que  vos acordedes picade na imaxe











Para saber máis sobre Fina Casalderrey visitade o seu blogue:
Blogue de Fina Casalderrey

DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ

 
MANIFESTO POLA PAZ
O día escolar pola PAZ que conmemoramos hoxe, aniversario da morte de Gandhi, é unha moi boa ocasión para reflexionar sobre este tema transversal e por tanto obrigatorio pero que ás veces celebramos dun xeito anecdótico e sen darlle o seu verdadeiro valor.
Hoxe en día o mundo está asolado por loitas entre irmáns, pola fame e falta de traballo, por guerras sen motivo que destrozan terras, vidas, sentimentos...
Contra esta cultura da guerra debemos contrapoñer unha cultura de PAZ, unha cultura de convivencia baseada nos principios de liberdade, de xustiza e de democracia, de tolerancia e de silidareidade e fundamentalmente de respecto ós dereitos humanos.
É dicir, unha cultura que rexeite a violencia para buscar pola vía do diálogo e da negociación, unha solución dos problemas.
Nestes momentos nos que se percibe unha violencia nas aulas, e na sociedade téndese a culpabilizar á escola de que non educa para os problemas do noso tempo e fana responsable como institución e tamén ao seu profesorado de non saber frear a tempo estas tendencias.
Educar para a PAZ é tan necesario como difícil.
Construir a PAZ non consiste en reparar os danos, senón en evitar que se produzan, en levar a cabo unha acción preventiva.
E isto é posible se todos participamos desta tarefa, se cada un de nós fai da PAZ un asunto persoal.
O noso empeño, o de todos: pais, mestres, nenos e nenas.... está en axudar aos máis desfavorecidos, en aprender a vivir xuntos e a construir xuntos, a pesar dos desacordos e das diferencias.
O desenvolvemento para a PAZ,
e a PAZ para o desenvolvemento,
debe ser un, quizás o máis importante,
dos nosos obxectivos como educadores.
Fátima
       

martes, 29 de xaneiro de 2013

A tartaruga que quería durmir

O pasado xoves, 24 de xaneiro puidemos escoitar de novo un conto en "BiblioGolfi", esta vez foron Natalia e Ximena as encargadas de facernos pasar un bo rato co conto: "A tartaruga que quería durmir"



Gustounos moito o como o fixechedes!

venres, 25 de xaneiro de 2013

CONCURSO AEROPORTOS VERDES

O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria, a raiz da visita ao aeroporto de Alvedro, participou no “Proxecto “Aeropuertos Verdes”. Xa están publicados na páxina web www.aeropuertosverdes.es , na sección retos por equipos, todos os traballos presentados polos colexios que participaron este curso no “Proyecto Aeropuertos Verdes”.


 Dado que un dos criterios para seleccionar ao equipo gañador será o número de votos recibidos, ANIMÁMOSVOS A QUE VOTEDES os traballos do noso alumnado. Grazas pola vosa colaboración.