venres, 29 de xaneiro de 2021

A paz está nas nosas mans

 

 Ola amig@s,

Hoxe celebramos  o Día Escolar da non Violencia e a Paz que se conmemora mañá, 30 de xaneiro. Sabedes por que precisamente nesta data? A razón é que se trata do aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza no seu país. 

 No noso centro quixemos celebrar este día construindo entre todos os niveis educativos unha pomba da paz con pezas realizadas por cada unha das aulas. O resultado non puido ser máis orixinal e fermoso. Mais o importante non era tanto a creatividade senón a simboloxía do acto: a unión e a fraternidade para un obxectivo en común. 


 

Tamén, quixemos contribuir desde a biblioteca á celebración desta data tan significativa cunha mostra de títulos que fomentan a educación en valores como a tolerancia, a solidariedade, a concordia, a convivencia ou o respecto aos Dereitos Humanos. 



Nunca esquezamos que a paz está nas nosas mans.

Hoxe, mañá e todos os días do ano. 

Apertas,

Golfi