martes, 19 de decembro de 2023

Recomendacións de libros para o Nadal.

Dende o equipo de biblioteca querémosvos facer unhas recomendacións de libros para estas datas e aproveitamos para desexarvos a tod@s un moi BO NADAL!



domingo, 3 de decembro de 2023

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

 O día 3 de decembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

A Asamblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) declarou en 1992 este día para "promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade e para concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural". 

Na biblioteca do cole temos varios libros que nos encantan cos que educar para a diversidade

Velaquí algúns deles: 







Precisamente deste último conto temos tamén as súas músicas. O curso pasado tivemos a sorte de contar coa súa autora e cantante no noso cole. Para lembralo e festexar este día, déixovos unha das súas cancións: "Diferentes Diferenzas" de Silvia Penide. 



 


Recomendacións lectoras.

A continuación deixámosvos unhas recomendacións lectoras polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade. 





luns, 6 de novembro de 2023

Contos de medo polo Samaín!

 O pasado 31 de outubro celebramos no cole o Samaín. Ademais doutras actividades, tivemos a sorte de contar coa colaboración dalgunhas familias para contarlles aos rapaces contos de medo. Moitas grazas pola colaboración, familias! 


 4º de E.I.


 5º de E.I.

 6º de E.I.

 3º de E.P.


 5º de E.I.

 


Samaín en Zalaeta.



 


mércores, 11 de outubro de 2023

Concurso de manualidades terroríficas!

 Lembrámosvos que a partir do 23 de outubro xa podedes traer as vosas manualidades para decorar a horta e o cole. Haberá un premio por curso para a manualidade máis orixinal e terrorífica. Moita sorte!


venres, 30 de xuño de 2023

Recomendacións lectoras para o verán.

Chegamos ao final deste curso pero, antes de marchar de vacacións, Golfi recoméndavos lecturas e xogos e deséxavos a todos bo verán!












domingo, 4 de xuño de 2023

Novidades de ARTE!

 Aínda que esteamos chegando ao final deste curso, á nosa biblio non paran de chegar novidades de ARTE. Bulide a por elas!



martes, 16 de maio de 2023

Encontro literario con Eva Mejuto

Esta mañá os rapaces e rapazas de 1º de Educación Primaria gozaron cun encontro literario coa escritora Eva Mejuto.  



venres, 10 de marzo de 2023

Semana da prensa.

Esta semana conmemoramos a Semana da Prensa no cole. O alumnado de Educación Infantil realizou estes collages con papel de xornal: 



E este o alumnado de 1º de Educación Primaria:


Por outra banda, o alumnado de Educación Primaria traballou con noticias dos xornais para elaborar esta liña do tempo que decora as escaleiras: 




Encontro literario con Pere Tobaruela.

 Onte tivemos na biblioteca un encontro literario con Pere Tobaruela. 



luns, 6 de marzo de 2023

venres, 27 de xaneiro de 2023

Banda deseñada!

 Esta semana enchemos a nosa biblio de bandas deseñadas. Hai para todas as idades. Vide, escollede e a ler!



mércores, 25 de xaneiro de 2023