martes, 31 de marzo de 2020

Un conto narrado por Rozalén

Escoitade que bonito conto nos narra Rozalén, non deixedes de pensar na pregunata final...

Chegan os primeiros vídeos

Ola!

Berta fainos chegar unha poesía sobre o amor e uns chistes para que nos divirtamos un anaco.


  

Moitas grazas Berta!


venres, 27 de marzo de 2020

Xa temos os primeros debuxos

Gracias Claudia!





 Gracias Lara!




Gracias Alba !



 Gracias Raquel!


 

Gracias Pedro!

 

 

O Circo do Sol

Boa tarde!
Fixéronme chegar un enlace para ver un documental sobre os espectáculos do Circo do Sol que estrenan hoxe, 27 de marzo, as 20:00 h. estreará un especial de 60 minutos, que reúne algunhos dos momentos máis especiais de tres dos seus máis destacados espectáculos. Está dirixido ao público de todas as idades.
Podédelo ver no seguinte enlace: cirquedusoleil.com/cirqueconnect.

Espero que vos guste, gracias Carmen pola información. 

mércores, 25 de marzo de 2020

Contos contados da editorial Kalandraka

Ola!
Traemos novidades, para os que non o sepades a editorial Kalandraka ten un canle de TV cunha sección chamada "Contos Contados" na que podemos ver a distintas persoas contando os contos da editorial, esperamos que vos guste.

Kalandraka TV

martes, 24 de marzo de 2020

Galicia Le - Plataforma para préstamo dixital

Aquí estou de novo con mais información para todas e todos, os que sexamos socios de calquer biblioteca pública de Galicia podemos acceder á plataforma Galicia Le de préstamo dixital de libros, revistas, películas, ... é moi interesante, vos deixo o enlace para poder solicitar o alta .


https://www.galiciale.gal/

luns, 23 de marzo de 2020

Segundo reto Covi 19

Ola chicas e chicos! Xa estamos en primavera, xa celebramos o día da poesía, propoñemos unha nova actividade para facer en familia, buscade un poema que vos guste ou escribide un, recitadeo e gravadevos recitandoo, en familia, en solitario, con decoración, con voz, con imaxe... logo facédeme chegar a arquivo ao correo:  bibliogolfi@ceipzalaeta.com
En canto poida os irei poñendo no blogue para que vexamos o que fan as nosas compañeiras e compañeiros. Moita grazas por adiantado.
Golfi

sábado, 21 de marzo de 2020

Cantando a Rosalía

O pasado día 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía, desde o equipo de Dinamización Lingüística están a propoñervos que aprendades algunha canción feita dun poema de Rosalía de Castro ademais celebramos tamén neste 21 de marzo o día da poesía, para que poidades practicar vos deixo estes vídeos

mércores, 18 de marzo de 2020