luns, 21 de decembro de 2020

Un Nadal de conto

 

 

Ola amig@s,

Teño moitas novidades que contarvos, pero non será ata despois do Nadal cando poida facelo. Como sabedes, este verán, mentras gozaba dunha xornada de descanso tomando o sol nas rochas dunha praia da Costa da Morte, atopei unha botella cunha mensaxe dun náufrago. Toda esta investigación tenme moi ocupado e en xaneiro novas pistas chegarán ao cole para que me axudedes a localizalo porque eu só non dou a basto. 

 Mentras tanto, gustaríame que sigades soñando e imaxinando mundos marabillosos a través das historias que agochan os libros. O Nadal é unha época máxica onde podemos aproveitar para estar coa familia, descansar e ler libros alucinantes pois nunca esquezades que un libro é un soño que temos entre as mans.

Déixovos algunhas recomendacións de libros para todas as categorías de lectores. Agardo que vos gusten e que vos divirtades tanto como eu léndoos. 

Pinchade aquí para velas

 Tamén, gustaríame compartir con tódalas familias o bonito que está o noso cole grazas aos faros feitos polos nenos e nenas, que iluminan as entradas, andares, corredores e recunchos da escola. Porque o Nadal é época de paz e moita luz. Agardo que vos guste!



Bo nadal!


Golfi

 

 

 

 

 
 

mércores, 25 de novembro de 2020

25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 

Ola amig@s,

Hoxe, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Unha data de especial importancia na que se reivindica como un piar fundamental a necesidade de vivir nunha sociedade igualitaria e libre, na que mulleres e homes teñamos os mesmos dereitos e obrigas. 

Os nosos nenos e nenas serán os responsables do mundo de mañá, desa sociedade equitativa pola que loitamos,  e por iso é esencial que tomen conciencia da desigualdade de xénero aínda vixente, deses estereotipos sexistas que perpetúan a estrutura patriarcal, e da necesidade de derrubalos. 

Por medio dos libros, o noso alumnado é quen de descubrir a mulleres silenciadas ao longo da historia ou de entender que non todas as nenas queren ser princesas nin xogar con monecas. A través da mostra que vedes na imaxe quixemos achegarlles títulos que contribúan a construir unha sociedade libre de pensamentos e actitudes machistas. 

Tamén, quero mostrarvos o vídeo elaborado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega na que todo o centro participou interpretando a canción de Rozalén, A Porta Violeta, convertida xa nun símbolo da loita feminista. 

 


 

Unha aperta e lembrade: Non hai liberdade sen igualdade!

 

Golfi


 


venres, 20 de novembro de 2020

Día Mundial dos Dereitos da Infancia

 

 


 

 Ola amig@s,

Hoxe, 20 de novembro, celébrase o Día Mundial dos Dereitos da Infancia. Pero, desde cando se conmemora esta data? Debemos remontarnos a 1989, ano no que se creou a Convención sobre Os Dereitos do Neno no seo do Fondo Internacional de Emerxencia das Nacións Unidas (UNICEF). 

Desde entón foise ratificando pouco a pouco nos cinco continentes e, na acualidade, son 191 os países que aproban a Convención có fin de protexer xurídicamente a infancia, o colectivo mais vulnerable da nosa sociedade. 

No noso centro quixemos celebrar este día tan significativo a través da creación dun mural colectivo feito polos nenos e nenas dos diferentes niveis educativos no que se representan algúns dos dereitos máis importantes da infancia: dereito á asistencia sanitaria, á vivenda, á ter unha nacionalidade, á educación, ao xogo, a ter unha familia...

Tamén, desde o equipo de biblioteca, realizamos unha mostra dunha selección de obras na que se abordan temáticas relacionadas con estos dereitos e valores fundamentais para una infancia harmoniosa.


 Apertas, 


Golfi


martes, 13 de outubro de 2020

Comeza a aventura!

 Ola amig@s,

Despois de meses confinado na biblioteca do colexio polo Coronavirus, precisaba saír a ver o mundo e respirar aire puro na natureza. Escollín como destino para as miñas vacacións a Costa da Morte. Un lugar moi preto da nosa cidade cheo de encanto e historia. Cando me atopaba nunha das súas praias tomando o sol, apareceu unha botella cunha mensaxe dentro! Pedín axuda á profe Bea quen veu a recollela para levala ao cole e que a poidésedes ler todos e todas. Sabedes o que contiña? A carta dun náufrago que está en apuros. 

 



Aquí tédela. Comeza a aventura para localizar ao noso amigo perdido e axudalo a atopar o camiño de volta á súa casa. Estades preparados? Eu estou ansioso por saber onde está. 

Credes que pode estar na Costa da Morte? 

Apertas,


Golfi



 




xoves, 11 de xuño de 2020

Antoloxía poética

Ola a todas e todos!
A pesares deste tempo revolto estamos cada vez mais preto do verán e todo o que conleva: paseos, praia, aire libre,...
Para non esquecernos de todo da biblioteca as compañeiras e compañeiros de 5º de primaria nos fixeron chegar unha manchea de poemas:
Espero que vos gusten! Un saúdo,

venres, 5 de xuño de 2020

O PAPAGAIO - XUÑO 2020

Bo día a todas e todos!
Estamos a puntiño de chegar ao verán, e aínda que temos que extremar as precaucións é tempo de praia e aire libre.
Para que vos entreteñades un anaquiño aquí tedes o novo número da revista O PAPAGAIO.


xoves, 21 de maio de 2020

As vosas Letras Galegas

E xa están aquí os vosos traballos....

Mirade canta creatividade temos, entre todos conseguímolo mellor!

Para empezar Eduardo Sanjurjo de 2º EP nos envía estas dúas imaxes:


Moitas grazas polas túas fermosas palabra



 Ana Sanjurjo de 5º EI nos aportaoutro gran debuxo do Arco da Vella

 Grazas Ana

Laura Aradas de 5º EP, amósanos a súa palabra preferida:

Marabilloso o teu luar, moitas grazas Laura

Antía Bares de 5º EP fíxonos unha poesía:
 Dan ganas de ir pasear pola Torre para gozar destas flores, grazas Antía

E para rematar Laia Brandaríz de 1º EP nos envía un vídeo, aquí o tedes:

 Estupendo, grazas a Laia e ao seu irmán





Continuando coa Semana das Letras Galegas


 Ola a todas e todos!


Dende o Equipo de Dinamización da lingua galega e a biblioteca do centro "BiblioGolfi", e co motivo da semana de celebración das Letras Galegas, queremos facervos chegar unha serie de propostas para titores e familias.
Como ben sabedes, este ano o día das Letras Galegas adícaselle a Ricardo Carvalho Calero; e para atopar a súa biografía e moitas actividades moi divertidas sobre as Letras Galegas 2020 podedes accedr ao seguinte enlace:



https://www.lingua.gal/letras-galegas/_/contido_0058/2020-ricardo-carvalho-calero

Dentro deste enlace podedes atopar moitas actividades como o xogo dos bolos, ruletas, scape rooms...
E para que evaluedes canto sabedes sobre o autor, retámosvos aos alumnos de cursos máis altos a facer a seuginte actividade:


https://es.liveworksheets.com/nq214419dq


Ricardo Carvalho Calero, escribíu moitas obras, pero unha das que máis nos gusta no cole é: "As pitas  baixo a choiva" a cal podedes escoitar no seguinte vídeo:


Con motivo deste conto, os nenos e nenas de infantil poder realizar esta ficha interactiva moi divertida coa pita e os seus poliños:

https://es.liveworksheets.com/hb517182ea
Non queremos pasar esta data sen nomear a Curros Enríquez e o noso Himno Galego, que no seguinte vídeo podedes cantar e ver unhas fermosas imaxes de paraxes marabillosos de Galicia:
 

Moitas grazas a todos e todas! Feliz Semana das Letras Galegas, e sobre todo:
Falade Galego!!!



domingo, 17 de maio de 2020

17 de Maio


 Ola a todas e todos!

 Hoxe é 17 de maio, Día das Letras Galegas e queremos facervoss outra proposta: decorade a imaxe de Ricardo Carvalho Calero ao voso gusto, facédelle unha foto e enviadenola, coas recibidas faremos un mural para commemorar este día e o colgaremos no blog.
Deixo un enlace para poder descargalo: https://drive.google.com/file/d/1-DeEURe7QU3ALQPjoVQ8gzt80lSL9Qj2/view?usp=sharing
E tamén a imaxe aquí.

Recordade o correo electrónico é bibliogolfi@ceipzalaeta.com

Ademais tamén podemos disfrutar desta interpretación do Imno Galego feita pola
Bandas CMUS Profesional da Coruña








 Espero que desfrutedes deste fermoso día.

 Moitas grazas pola vosa participación.
                                                                     
 

venres, 15 de maio de 2020

Escape room de Carvalho Calero

Ola!

Mirade que actividade tan chula comparten con nos Alba Carril, do CPI de Vedra, e Ana Santos , do CEIP  Carril.
Para resolvelo podedes ler antes estos datos sobre  Carvallo Calero neste enlace  ou telos de apoio por se precisades buscar algo.

Se xa estades listos para xogar, aquí tedes o xogo.


https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020?fbclid=IwAR219LJCkajRtQD2fziv2dWgJgBF4rKyPTdSVfmsrbe77gtRjJSmCQh0bIs






luns, 11 de maio de 2020

Coleccionistas de Palabras

Bo día

Xa está aquí a proposta para o Día das Letras Galegas en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro, a biblioteca do cole está chea de libros e palabras, pero con esta actividade gustaríanos encher tamén o blog como se fora un saco...
Será o noso tesouro e sempre o podemos abrir cando non saibamos que dicir...


Imos coleccionar palabras, en galego, claro:
  • Elixímos a palabra que mais nos gusta.
  • Elaboramos con ela un poema, unha frase, un micorrelato, lle facemos un debuxo,... Todos os xogos coas palabras que se nos ocorran.
  • Sacámoslle unha foto, recitámolo nun vídeo.
  • Enviámolo ao correo da biblioteca: bibliogolfi@ceipzalaeta.com
Co enviado faremos publicacións para que todas e todos o poidamos desfrutar.

Andivemos apañando palabras para esta actividade.




Grazas xa pola vosa participación.


venres, 8 de maio de 2020

Letras Galegas 2020 con Ricardo Carvalho Calero

Bo día!

Xa estamos no mes de maio e neste mes celebramos o día do noso idioma, o día das Letras Galegas.


Este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero
O escritor, filólogo e lingüísta nado na cidade de Ferrol o 30 de outubro de 1910. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da Lingua... e primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela.
Do seu traballo literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega.
Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa. Faleceu en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990.

No seguinte enlace temos actividades propostas polo Seminario Galán que tódolos anos nos axuda a coñecer aos galegos e galegas que commemoramos neste día 17 de maio.

http://seminariogalan.org/inicio/portada


 En breve iremos facendo propostas para que poidades participar desde as vosas casas.

Moitas grazas de antemán.


mércores, 29 de abril de 2020

Animando a ler

Bo día!

Espero que todas e todos sigades ben e lendo moito.

Hoxe vos traemos un canal de YouTube onde baixo o título "Te animo a leer" o seu autor nos conta historias de libros e nos aníma a ler.

https://www.youtube.com/channel/UCYPtMBC3gYtQh8uBVEyTYZg/videos


Espero que vos gusten as súas historias.


venres, 24 de abril de 2020

Mais contos polo Día do Libro

Ola, que contentísimo estou cantos videos, debuxos e contos me enviachedes polo Día di Libro, aquí tedes mais aportacións.



La Navidad de Nono por Valentina Balseiro



El Tigre que Vino a Tomar el Té por Manuela Rodríguez



El Pingüino Friolero por Raquel Cacheiro



 O Recetario Máxico de Kiosferis por Lola Rey



La Oruga Glotona por Carmen González



Diez Minutos y a la Cama Pequeño Unicornio por Sara Serantes



Moitas grazas,          

Dous contos en familia

Ola chichas e chicos!


Siguen a chegar contos e debuxos con motivo do Día do Libro, neste caso Laia Brandariz e a súa familia nos naran dúas historias, escoitade:




Elli la elefantita creativ por Laia Brandariz e familia.

A Árbore da escola por Laia Brandariz e familia

Moitas grazas familia!

xoves, 23 de abril de 2020

La Oruga Glotona por Julia, Eduardo y Ana Sanjurjo - Día do Libro

Ola!

Estamos moi contentos coa vosa aportación:



Moitas grazas Julia, Eduardo e Ana.        

Lendo en familia- 23 de Abril 2020 - Día do Libro

Ola!

Xa temos vídeo de lectura en familia e contos compartidos.

 
"Teo xoga en casa" por Alba Castro para a súa irmá Lara Castro


 
Cinco historias sin fin - Alba Cedillo


El Delfían - Vega Cedillo
  
El pollo Pepe - Lurdes Rey


Moitas grazas chicas!  

Os libros que mais gustan - 23 de Abril 2020 - Día do Libro

Bo día!

Empezamos coa selección de libros que mais vos gustan:





Moitas gracias a todas e todos polas vosas aportacións.


mércores, 22 de abril de 2020

Día do Libro - Bibliotecas Municipais A Coruña

Tamén as Bibliotecas Municipais da nosa cidade nos fan unha proposta para o día do libro, aquí vola deixo:






"Con motivo do Día do Libro, o Servizo Municipal de Bibliotecas do Concello da Coruña únese ás diferentes manifestacións do mundo da cultura para pór en valor o sector do libro, visualizando a todos os axentes implicados no mesmo e promovendo o acceso universal á lectura.
Baixo o lema "Mollámonos polo libro", a campaña evidencia a fraxilidade dun sector que vive o seu día grande no medio dunha ameazante tormenta para lanzar unha mensaxe de unidade e apoio a todos os actores do mundo do libro.
A creación dun orixinal spot lidera un programa de actividades dirixidas a todos os públios que, xunto coa súa programación habitual, definirán a adaptación do servizo municipal nun entorno atípico onde os medios de comunicación constitúen un aliado indispensable para achegarse a todas as persoas usuarias do sistema bibliotecario da cidade.
Xunto a unha programación na web e nos perfís de Instagram, Twitter e Facebook protagonizada por contacontos e divertidos retos, a rede de bibliotecas municipais impulsa o seu compromiso coa democratización da cultura e cos colectivos non conectados mediante o lanzamento de programas deseñados para a súa execución en medios de comunicación convencionais.
Deste xeito, as bibliotecas da Coruña presentarán Lemos para ti; un conxunto de narracións orais que os bibliotecarios e bibliotecarias difundirán tanto en Spotify coma na radio, un medio imprescindible para que a cidadanía menos familiarizada coa rede poida desfrutar da literatura.
SÚMATE Á CAMPAÑA:
Emprazamos a todo o mundo a mollarse e poñer en valor unha data tan relevante para as bibliotecas como é o Día do Libro. Se queres participar e sumarte á proposta, só tes que responder á pregunta: como te mollas ti polo libro? 
Contamos coa túa aportación, podes facelo no formato que desexes e nas canles que consideredes oportunas empregando o hashtag #mollamonospololibro."

Día do Libro - Bibliotecas Escolares de Galicia

Ola a todas e todos!

A asesoría de Bibliotecas Escolares de Galcia fainos, como cada ano unha aportación para que xuntos celebremos o día do libro deste ano:

"Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2020.
Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación: 
"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"
Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!




 A imaxe do díptico é tamén unha colaboración do profesor Harold Iglesias, a quen agradecemos esta fotografía dun "chasco" da Costa Vicentina (Portugal), paxariño común tamén no noso país.  Pódese coñecer algo máis deste "chasco común"  na ligazón  https://gl.wikipedia.org/wiki/Chasco_común e mesmo escoitar o seu canto: https://www.canto-pajaros.es/tarabilla-europea/"






venres, 17 de abril de 2020

23 de Abril - Día do Libro

Ola a todas e todos!

Este ano teremos que celebrar o día do libro na casa, podemos facelo en familia, lendo todos xuntos.
Familias, tócabos a vós levar as rendas deste día, dende a biblio imos
propoñervos varias actividades que debedes elixir para axeitar ás vosas nenas e nenos:

  • Como dixemos antes, escollede un libro e ledeo entre todos, si queredes facede unha gravación (vídeo, audio) e enviadenos o resultado ao correo para que poidamos mostralo a todos.
  • Facede un debuxo do libro que mais vos gusta, poñede unha frase que nos indique por que vos gusta, non esquezades escribir tamén o voso nome e curso, tamén podedes envialo ao correo para que o poñamos no blog.
  • Escollede cinco ou seis libros e cos títulos inventade unha historia, podedes tamén gravalo en vídeo, audio ou escribilo e envialo ao correo do blog.
Con todo o material recibido faremos unha exposición neste blog.

Podedes participar en todas as modalidades que queirades.
Correo: bibliogolfi@ceipzalaeta.com

Ánimo a todas e todos!

Espero as vosas aportacións.

Cociñando XUNTOS

Ola!

Que alegría recibir os vosos traballos!

Aquí tedes o resultado de traballar xuntos: un libro de receitas feito polo alumnado de 5º de primaria.



A DISFRUTAR!!

xoves, 16 de abril de 2020

Revista "O Papagaio"

Ola a todas e todos!

Como xa sabedes na biblioteca estamos subscritos á revista "O Papagaio" como este mes non estamos para poder ollala en papel a editorial Moito Conto Edicións, nola fixo chegar en formato dixital, aquí a tedes, espero que a disfrutedes.



 Un bico,

mércores, 15 de abril de 2020

Ler a Julio Verne

Bo día a todas e todos!
Como vos atopades, seguides ben? Espero que si.

Hoxe traivos novas recomendacións para ler, o escritor francés Julio Verne que nace no ano 1829 é considerado o fundador da literatura de ciencia ficción xa que nas súas obras predí con grande precisión a aparición dalgúns inventos xerados polos avances tecnolóxicos do século XX, como a televisión, os helicópteros, os submarinos ou as naves espaciais.


https://www.biblioteca.org.ar/resultados.php
No enlace que tes na imaxe tes que escribir na caixa de búsqueda Julio Verne e terás acceso a todas as súas obras.

venres, 10 de abril de 2020

Un pouco de movemento

Bo día!

Seguimos todas e todos ben? Pois imos poñernos en forma.
Seguro que todos os días facedes un pouco de exercicio ou algún xogo no que vos movedes pola casa, aquí deixo algunhas propostas mais.



Empezamos con algo de exercicio intenso.


Un pouco de música e a bailar.


E por últimos aprender algo de ioga.

mércores, 8 de abril de 2020

Solidariedade e Covid -19

Ola chicas e chicos!

Novo reto

Neste tempo vemos como todas e todos nos axudamos sen esperar nada a cambio, para que tamén vos podades poñer o voso gran de area envíovos unhas dirección de correo electrónico para escribir as persoas que están enfermas e non poden ver á súa familia para non contaxiala, animádevos e poñédevos mans á obra: 


cartas.venceremos.covid19@gmail.com
noteconozcoperoaquiestoy@gmail.com
deseoquetemejores@gmail.com
coronapuertadehierro@gmail.com
covidryc@gmail.com

 


Desde aquí e xa de antemán vos dou as gracias pola vosa aportación.

luns, 6 de abril de 2020

Lecturas para quedar na casa

Ola a todas e todos!

Como levades a cuarentena? Espero que todos vos atopedes ben e con ánimo.

Algunhas editoriais e escritores ou escritoras poñen á nosa disposición libros para que poidamos ler estes días na casa, aquí vos deixo algúns, espero que os desfrutedes e moitas gracias a todos os que nos fan mais fácil este tempo.



 LECTURAS PARA
quedar na
casA

https://issuu.com/anayainfantil/docs/el_club_de_los_canibales_se_zampa_a_don_quijote_ishttps://olgadedios.es/wp-content/uploads/2016/01/EnFamilia_OlgadeDios_cc.pdf
https://issuu.com/anayainfantil/docs/el_club_de_los_canibales_se_zampa_a_don_quijote_ishttps://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/pdfs/Confinamento/ACasaMaisAnimada_CristinaSaezCazallas_BaiaEdicions.pdfhttps://issuu.com/grupoanayasa/docs/bc00442701_lola_pimienta_casthttps://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia/docs/feliz_feroz_o_lobo_riquinho_okhttps://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/pdfs/Confinamento/Moko_CristinaSaezCazallas_BaiaEdicions.pdfhttps://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/pdfs/Confinamento/BoaSorte_MariaSolar_BaiaEdicions.pdfhttps://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/pdfs/Confinamento/NubeBranca_PabloNogueira_Uhia_BaiaEdicions.pdfhttps://issuu.com/anayainfantil/docs/el_club_de_los_canibales_se_zampa_a_don_quijote_is