martes, 24 de setembro de 2019

Axudantes biblioteca curso 2019-2020

Ola a todas e todos! Un curso mais quero pedirvos a vosa axuda, como xa sabedes a biblioteca abre os luns e martes durante todo o curso, necesitasmos que as nenas e nenos de 5º e 6º de primaria nos axudedes a atender a todos os que veñan, xa sabedes ordenar libros, repartir Ipads, manter todo organizado é moi importante para disfrutar na biblioteca.

martes, 18 de xuño de 2019

Fin de curso e felices vacacións

Ola a todas e todos!
Parece mentira pero xa remata outro curso!
Xa estamos nos últimos días así que aproveitamos para despedirnos ata o próximo curso, recordade ler moito, xogar mais e disfrutar do verán para traer as pilas cargadas para setembro.

Moitas grazas pola vosa compaña na biblioteca durante todo o curso e nos vemos pronto.


luns, 20 de maio de 2019

Día das Letras Galegas 2019

Que tal estades!
Seguimos co noso programa de actividades, esta vez celebramos o día das Letras Galegas 2019 que este ano se lle dedica a Antonio Fraguas, xa temos preparado o vídeo da celebración, gracias a ANPA pola súa colaboración.




Tamén podedes ver as vosas revistas.







xoves, 9 de maio de 2019

María Canosa e "A cazadora de estrelas"

Ola!
Xa estivemos cazando estrelas con María Canosa...

      Falamos con ela...                                Regalamoslle un montón de estrelas...




                                                   E ela asinounos os libros...

martes, 23 de abril de 2019

Día do Libro

Ola amigas e amigos!
Como cada 23 de abril celebramos na BiblioGolfi o día do libro, moitas grazas a todos por enviarme tantos traballos, estou a preparar as revistas con eles.
Mentres tanto aí vai un adianto das imaxes da celebración.



Graciñas!

xoves, 28 de marzo de 2019

Visítanos Teresa González

Ola a todas e todos! Hoxe estou moi contento, recibimos na BiblioGolfi a Teresa González Costa autora do libro "A noite das bicicletas" que leron os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria e do que falaron durante este encontro.




 

Graciñas por estar con nós Teresa!

venres, 1 de febreiro de 2019

XUNTARTE 2019

Ola amigas e amigos!
Como sabedes un grupo moi grande de nenas e nenos deste centro estiveron traballando moito para representarnos no festival Xuntarte que se celebrou no Ágora o pasado día 25 de xaneiro con outros coles da cidade.
Como moitos de vós non puidechedes asistir por falta de aforo aquí tedes o vídeo da actuación dos nosos compañeiros e compañeiras.



Parabéns pola vosa actuación!

mércores, 30 de xaneiro de 2019

O cole vístese de PAZ

Bo día a todas e todos!
Hoxe celebramos unha conmemoración moi especial, hoxe é o

DÍA DA PAZ!!!!

Os mais maiores fixeron un manifesto no que proclaman a importancia da paz, todos colaboramos para vestir o centro de paz e fixémos unha actuación, aquí podedes ver unhas imaxes de todo.


DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

Bos días, como sabedes todos e todas, hoxe é o día escolar da PAZ e NON VIOLENCIA.
O día escolar da PAZ e NON VIOLENCIA, vense celebrando, cada vez con máis difusión, dende o ano 1964. Esta xornada commemorativa foi creada polo educador e inspector de educación mallorquín, Llorenç Vidal.

A elección do día 30 de xaneiro non é casual, esta data coincide co aniversario da morte, o 30 de xaneiro de 1948, de Mahatma Gandhi, lider da independencia da India, que loitou contra o imperio británico practicando a desobediencia civil. (sen armas nen violencia).

Debemos, pois interiorizar que A VIOLENCIA NUNCA É A RESPOSTA CORRECTA
A PAZ, non é so a ausencia de guerra, A VIOLENCIA É O GRANDE INIMIGO DA PAZ.
O machismo, a xenofobia e o acoso escolar son formas de violencia.
O racismo e a discriminación por sexos e por idade son tipos de violencia que debemos evitar tanto nos ambientes públicos coma nos familiares.
Por desgraza non todas as persoas entenden o significado da palabra PAZ:
    • FAGAMOS ENTRE TODOS UN MUNDO MELLOR.
    • Máis alá dos símbolos, A PAZ SON ACTITUDES POSITIVAS.
Tal vez algún día todos coñezamos o alcance do seu signifiacado pero, ... mentras tanto poñamos o noso gran de area interpretando Black and White, a canción que todos nós vimos preparando dende fais uns días.


Recordade: A VIOLENCIA NUNCA É A RESPOSTA!!





Moitas grazas pola vosa participación!