venres, 16 de maio de 2025

Día das Letras Galegas 2025

 


Este venres 16 teremos a ocasión de participar nun concerto didáctico organizado pola asociación cultural Cántigas da Terra. Nel farannos un percorrido polos intstrumentos e cantigas tradicionais galegas, aprendendo así sobre a poesía popular galega á que homenaxeamos neste Día das Letras Galegas. 
Ademais, dende o centro, na aula de música, estivemos a preparar cantigas tradicionais para interpretar neste día e bailaremos xuntos unha muiñeira que temos moi ensaiada. 
Nos vindeiros días deixaremos por aquí unha reportaxe co ben que o fixemos. 

luns, 12 de maio de 2025

E-LBE.2: Plataforma para a lectura dixital.

Premede na imaxe para acceder a E-LBE.2 a plataforma de lectura dixital para as bibliotecas escolares. Nela podedes levar en préstamo libros para ler en formato dixital. 
Lembrade que vos entregamos o contrasinal e o usuario a comezos de curso, co gallo do Día das Bibliotecas, pero se non entrastes naquel momento agora xa terán caducado. Se é o caso, podedes escribirnos a bibliogolfi@ceipzalaeta.com e vos facilitaremos unhas novas credencias de acceso. 



Que gocedes das lecturas!

 

mércores, 7 de maio de 2025

Día das Letras Galegas 2025.

Para prepararnos para o Día das Letras Galegas, que conmemoraremos a vindeira semana, temos pola biblioteca catro libros cos que poder informarnos sobre as homenaxeadas deste ano.