xoves, 31 de xaneiro de 2013

DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ

 
MANIFESTO POLA PAZ
O día escolar pola PAZ que conmemoramos hoxe, aniversario da morte de Gandhi, é unha moi boa ocasión para reflexionar sobre este tema transversal e por tanto obrigatorio pero que ás veces celebramos dun xeito anecdótico e sen darlle o seu verdadeiro valor.
Hoxe en día o mundo está asolado por loitas entre irmáns, pola fame e falta de traballo, por guerras sen motivo que destrozan terras, vidas, sentimentos...
Contra esta cultura da guerra debemos contrapoñer unha cultura de PAZ, unha cultura de convivencia baseada nos principios de liberdade, de xustiza e de democracia, de tolerancia e de silidareidade e fundamentalmente de respecto ós dereitos humanos.
É dicir, unha cultura que rexeite a violencia para buscar pola vía do diálogo e da negociación, unha solución dos problemas.
Nestes momentos nos que se percibe unha violencia nas aulas, e na sociedade téndese a culpabilizar á escola de que non educa para os problemas do noso tempo e fana responsable como institución e tamén ao seu profesorado de non saber frear a tempo estas tendencias.
Educar para a PAZ é tan necesario como difícil.
Construir a PAZ non consiste en reparar os danos, senón en evitar que se produzan, en levar a cabo unha acción preventiva.
E isto é posible se todos participamos desta tarefa, se cada un de nós fai da PAZ un asunto persoal.
O noso empeño, o de todos: pais, mestres, nenos e nenas.... está en axudar aos máis desfavorecidos, en aprender a vivir xuntos e a construir xuntos, a pesar dos desacordos e das diferencias.
O desenvolvemento para a PAZ,
e a PAZ para o desenvolvemento,
debe ser un, quizás o máis importante,
dos nosos obxectivos como educadores.
Fátima
       

Ningún comentario:

Publicar un comentario