Selección de libros de poesía que colocamos no noso expositor para conmemorar o Día da Poesía.
luns, 23 de marzo de 2026
Día da poesía: 21 de marzo.
Selección de libros de poesía que colocamos no noso expositor para conmemorar o Día da Poesía.
Este curso 5º e 6º estiveron lendo moita poesía da man do escritor Anxo Iglesias cos seguintes libros:
domingo, 15 de marzo de 2026
sábado, 14 de marzo de 2026
Maleta viaxeira.
O pasado venres recibimos unha maleta viaxeira. Trátase dunha maleta chea de libros informativos para diferentes idades e intereses que teremos durante un mes na nosa biblioteca. Podemos lelos alí ou levalos ás aulas para traballar ou ler, pero non podemos levalos en préstamo á casa. Boas lecturas!
luns, 9 de marzo de 2026
mércores, 4 de marzo de 2026
8M: Día da Muller.
Colocamos no noso expositor algúns libros para aprender cousiñas en relación á conmemoración do Día da Muller.
xoves, 26 de febreiro de 2026
mércores, 25 de febreiro de 2026
luns, 23 de febreiro de 2026
xoves, 19 de febreiro de 2026
mércores, 18 de febreiro de 2026
Día de Rosalía 2026.
O vindeiro martes 24 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía. Aquí temos o noso expositor con libros da autora, para que poidades ler nas aulas ou na casa.
mércores, 11 de febreiro de 2026
Recuncho de lettering e de debuxo.
Inauguramos unha nova sección na nosa biblioteca. Trátase dun recuncho de lettering e de debuxo. Poderedes vir a practicar cos libros, fichas e novos rotuladores que ten Golfi para vós.
Entroido 2026.
Para acompañar a festa de Entroido que teremos no centro o vindeiro venres, dende o equipo de biblioteca preparamos tamén unha pequena exposición con libros que temos sobre esta época do ano.
xoves, 5 de febreiro de 2026
domingo, 18 de xaneiro de 2026
Visita do Centro Oceanográfico da Coruña.
Enmarcada dentro do noso P.D.I. deste ano sobre o MAR, o pasado venres recibimos a visita de catro traballadoras do Centro Oceanográfico da Coruña. Acudiron a ela o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P. e foi unha visita moi práctica, entretida e ben interesante. Encantounos!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)

























