Maleta viaxeira.
O pasado venres recibimos unha maleta viaxeira. Trátase dunha maleta chea de libros informativos para diferentes idades e intereses que teremos durante un mes na nosa biblioteca. Podemos lelos alí ou levalos ás aulas para traballar ou ler, pero non podemos levalos en préstamo á casa. Boas lecturas!