RECICLAMOS

E para finalizar as películas que fixeron os de 6º EP (pulsa no nome do xogo para ver o vídeo)


 

 



 
Xa temos nas aulas a zona de separación de lixo, faino como aprendiches e axuda na casa a que aprendan a separar.





Hoxe quero propoñervos uns xogos para aprender a reciclar, nolo amosa Sogama, asía aprenderemos a poñer cada lixo no contedor correcto.
http://www.sogama.gal/gl/info/xogo-de-asociar


http://www.sogama.gal/gl/info/xogo-de-secuencias


Bo día chicas e chicos!
Quero darvos as grazas polas vosas resposta e despois de moito pensar creo que podemos facer algunha cousiña polo noso planeta, que vos parece se aprendemos a separar o lixo que producimos na escola? Pode ser unha maneira de empezar...

Aquí podedes ver o libro que fixen con todas as vosas respostas, de novo moitas grazas.


Ola a todas e todos!


Son Golfi e quería contarvos unha noticia que lin a pasada semana na prensa,
seguro que vos tamén a coñecedes, están aparecendo nas praias de Galicia baleas
despistadas que embarran e non poden volver ao mar.



Teño moita pena por elas, moitas veces nadei á súa beira e son moi fermosas.
Tedes que axudarme a descubrir que está pasando e como podemos facer para
evitar que se repita.





                                                             Moitas grazas por axudarme.

Ningún comentario:

Publicar un comentario