sábado, 31 de outubro de 2026

Exposición de cabazas: homenaxe a YAYOI KUSAMA.

 Este ano na nosa tradicional exposición de cabazas de Samaín, quixemos facer unha pequena homenaxe á artista xaponesa recentemente falecida: YAYOI KUSAMA. Nas aulas aprendimos sobre a súa vida e obra e elaboramos unhas cabazas con cartolinas para expoñer nunha instalación que elaboramos entre todos/as. Velaí tedes algunhas imaxes do proceso e do resultado. Parabéns, artistas!

.     



Contacontos na biblioteca: O Papón. Samaín 2026!

 Cinco rapazas da aula de 6º de Educación Primaria prepararon durante as últimas semanas o conto e a canción de "O Papón". Elas representáronllo ao alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil e, nun segundo pase, ao alumnado de 1º e 2º de Primaria. Moi bo traballo, rapazas!






Contacontos na biblioteca: "Corre corre cabaciña". Samaín 2026.

 O alumnado de 5º de Educación Primaria preparou o conto e a canción de "Corre corre cabaciña" para representarllo ao alumnado de Educación Infantil. Despois de moitos ensaios, o resultado foi estupendo e os pequenos e pequenas desfrutaron moito. Parabéns polo traballo!







Lecturas ás escuras. Samaín 2026.

 Dentro das actividades organizadas para o Samaín, tivemos as lecturas ás escuras. No recreo, o alumnado de Primaria puido acudir á biblioteca para gozar dunha sesión de historias con moi pouca luz. 




sábado, 24 de outubro de 2026

venres, 23 de outubro de 2026