xoves, 23 de abril de 2026

Actividades do Día do Libro.

 O 23 de abril é o Día do libro e en Zalaeta tivemos moitas actividades para celebralo como se merece.

Comezamos a mañá cun conto musicado que o alumando de 6º de E.P. preparou para o alumnado de E.Infantil. 



Máis tarde, 4º, 5º e 6º de Primaria leulles contos ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Infantil, respectivamente. 


E xa despois do recreo, todo o alumnado de Primaria saíu á rúa para facer recomendacións lectoras e ler preto do mar. Pasámolo xenial. Feliz Día do Libro! 



venres, 17 de abril de 2026

Exposición Día do Libro: Libros que falan de libros.

 




Día do Libro

 Estas son as actividades que temos preparadas para conmemorar o Día do Libro. Boas lecturas!



Golfi deixounos estas cartas para contarnos as actividades que imos facer para conmemorar este Día. 





Barco para decorar o centro coas portadas dalgúns dos nosos libros.

Instalación cos barcos de papel creados polo alumnado. Aínda que non se aprecia ben na imaxe, están decorados cos seus libros favoritos!












xoves, 9 de abril de 2026

Encontro literario con Eva Mejuto.

 


Despois de ler "Queco e Kika" o alumnado de 4º de Educación Primaria tivo a oportunidade de ter unha conversa coa autora, Eva Mejuto. 







venres, 3 de abril de 2026

Encontro literario con Anxo Fariña.



O alumnado de 4º E.P. estivo lendo o libro "Escola Robot" de Anxo Fariña. A visita á nosa biblioteca foi ben interesante e quedamos ademais cun debuxo que fixo dun alumno.