O alumnado de 5º de Educación Primaria preparou o conto e a canción de "Corre corre cabaciña" para representarllo ao alumnado de Educación Infantil. Despois de moitos ensaios, o resultado foi estupendo e os pequenos e pequenas desfrutaron moito. Parabéns polo traballo!
