Esta semana tivemos a sorte de ter un encontro ca escritora Ledicia Costas.
Ela mesma descrébese así : Nacín en Vigo alá polo 1979, cando o verán estaba a piques de morrer. Neta dun inventor e filla de dous creadores de soños, escribo desde que teño memoria. Debutei na colección Fóra de Xogo coa novela “Unha estrela no vento” (Xerais 2000). Síntome poeta con alma de equilibrista, porque recito nos lugares máis propicios á caída: no autobús, no supermercado, nos bares, en tendas de conxelados… E debe ser por iso que formo parte do colectivo Poetas da Hostia. A miña obra poética está recollida en distintas publicacións colectivas. Individualmente teño publicado o poemario “Xardín de Inverno”. Son avogada a tempo parcial e poeta a tempo completo. E nas horas libres escribo novela, que é a miña verdadeira paixón.
Aínda que ten moitos títulos publicados, neste encontro falamos sobre “Escarlatina, a cociñeira defunta” (Xerais, 2014), libro que os nenos e nenas de 5º e 6º EP estiveron a ler.
Ningún comentario:
Publicar un comentario