Ola a tod@s!
Estou aquí de novo para festexar unha data moi importe do noso calendario, o 24 de febreiro.
Ese día de 1837 nada Rosalía de Castro, a mellor escritora e poeta galega ata os nosos días.
Rosalía caracterízase por ser unha muller loitadora da súa causa e da súa lingua, cun avanzado pensamento político e social do que estaba a pasar en Galicia.
Escribiu tanto en galego como en castelán, relatando as súas vivencias, a súa morriña, a súa tristura e tamén o seu amor. Todo elo, plasmado en títulos como La Flor, A mi madre, Contos da miña terra, Cantares Gallegos, Follas Novas ou En las orillas del Sar, entre outros.
Deixovos este enlace para que coñezades algo máis de Rosalía e se queredes ler algo dela, solo tedes que pasar pola biblioteca!
Ningún comentario:
Publicar un comentario