venres, 8 de maio de 2020

Letras Galegas 2020 con Ricardo Carvalho Calero

Bo día!

Xa estamos no mes de maio e neste mes celebramos o día do noso idioma, o día das Letras Galegas.


Este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero
O escritor, filólogo e lingüísta nado na cidade de Ferrol o 30 de outubro de 1910. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da Lingua... e primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela.
Do seu traballo literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega.
Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa. Faleceu en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990.

No seguinte enlace temos actividades propostas polo Seminario Galán que tódolos anos nos axuda a coñecer aos galegos e galegas que commemoramos neste día 17 de maio.

http://seminariogalan.org/inicio/portada


 En breve iremos facendo propostas para que poidades participar desde as vosas casas.

Moitas grazas de antemán.


Ningún comentario:

Publicar un comentario