Ola amig@s,
Despois de meses confinado na biblioteca do colexio polo Coronavirus, precisaba saír a ver o mundo e respirar aire puro na natureza. Escollín como destino para as miñas vacacións a Costa da Morte. Un lugar moi preto da nosa cidade cheo de encanto e historia. Cando me atopaba nunha das súas praias tomando o sol, apareceu unha botella cunha mensaxe dentro! Pedín axuda á profe Bea quen veu a recollela para levala ao cole e que a poidésedes ler todos e todas. Sabedes o que contiña? A carta dun náufrago que está en apuros.
Aquí tédela. Comeza a aventura para localizar ao noso amigo perdido e axudalo a atopar o camiño de volta á súa casa. Estades preparados? Eu estou ansioso por saber onde está.
Credes que pode estar na Costa da Morte?
Apertas,
Golfi
Ningún comentario:
Publicar un comentario