Ola amig@s,
Hoxe, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Unha data de especial importancia na que se reivindica como un piar fundamental a necesidade de vivir nunha sociedade igualitaria e libre, na que mulleres e homes teñamos os mesmos dereitos e obrigas.
Os nosos nenos e nenas serán os responsables do mundo de mañá, desa sociedade equitativa pola que loitamos, e por iso é esencial que tomen conciencia da desigualdade de xénero aínda vixente, deses estereotipos sexistas que perpetúan a estrutura patriarcal, e da necesidade de derrubalos.
Por medio dos libros, o noso alumnado é quen de descubrir a mulleres silenciadas ao longo da historia ou de entender que non todas as nenas queren ser princesas nin xogar con monecas. A través da mostra que vedes na imaxe quixemos achegarlles títulos que contribúan a construir unha sociedade libre de pensamentos e actitudes machistas.
Tamén, quero mostrarvos o vídeo elaborado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega na que todo o centro participou interpretando a canción de Rozalén, A Porta Violeta, convertida xa nun símbolo da loita feminista.
Unha aperta e lembrade: Non hai liberdade sen igualdade!
Golfi
Ningún comentario:
Publicar un comentario