Ola amig@s,
Hoxe celebramos o Día Escolar da non Violencia e a Paz que se conmemora mañá, 30 de xaneiro. Sabedes por que precisamente nesta data? A razón é que se trata do aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza no seu país.
No noso centro quixemos celebrar este día construindo entre todos os niveis educativos unha pomba da paz con pezas realizadas por cada unha das aulas. O resultado non puido ser máis orixinal e fermoso. Mais o importante non era tanto a creatividade senón a simboloxía do acto: a unión e a fraternidade para un obxectivo en común.
Tamén, quixemos contribuir desde a biblioteca á celebración desta data tan significativa cunha mostra de títulos que fomentan a educación en valores como a tolerancia, a solidariedade, a concordia, a convivencia ou o respecto aos Dereitos Humanos.
Nunca esquezamos que a paz está nas nosas mans.
Hoxe, mañá e todos os días do ano.
Apertas,
Golfi
Ningún comentario:
Publicar un comentario