venres, 2 de abril de 2021

Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo



 Ola amig@s,

Estamos de vacacións de Semana Santa, mais non quería deixar de pasar por aquí para compartir con vós a imaxe do noso faro, a Torre de Hércules, iluminada de azul.

 Sabedes a que se debe esta acción? A razón é que hoxe, 2 de abril, é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, un trastorno que presentan máis de 450.000 persoas en España e se estima que 7 millóns en todo o mundo. Cada ano, desde 2007 no que se declarou oficialmente esta data para amosar o apoio á xente con Trastorno do Espectro Autista (TEA), miles de edificios e monumentos emblemáticos de tódolos lugares do planeta "vístense" de azul, a cor que simboliza e identifica o Autismo, como mostra de solidariedade có colectivo TEA e coas súas familias.

Este 2021, baixo o lema "Puedo aprender. Puedo trabajar", as Asociacións adicadas a atención das persoas TEA pretenden crear conciencia sobre como lograr as condicións axeitadas para facer que a educación e o emprego sexan máis accesibles para este colectivo, visibilizando as barreiras e oportunidades existentes neste senso.

El color azul se transformó en un símbolo del autismo. Azul como el mar, muchas veces calmo, pero en ocasiones turbulento, como ocurre con quienes presentan esta condición. El mundo entero se tiñe este 2 de abril del 2018 de ese color para hacer un llamado global a favor de la inclusión, la tolerancia y el respeto de las personas con autismo, denominado históricamente Trastorno Generalizado del Desarrollo (TGD) y actualmente del Trastorno del Espectro Autista (TEA).

Este contenido ha sido publicado originalmente por Diario EL COMERCIO en la siguiente dirección: https://www.elcomercio.com/afull/azul-simbolo-autismo-dia-onu.html. Si está pensando en hacer uso del mismo, por favor, cite la fuente y haga un enlace hacia la nota original de donde usted ha tomado este contenido. ElComercio.com
El color azul se transformó en un símbolo del autismo. Azul como el mar, muchas veces calmo, pero en ocasiones turbulento, como ocurre con quienes presentan esta condición. El mundo entero se tiñe este 2 de abril del 2018 de ese color para hacer un llamado global a favor de la inclusión, la tolerancia y el respeto de las personas con autismo, denominado históricamente Trastorno

Este contenido ha sido publicado originalmente por Diario EL COMERCIO en la siguiente dirección: https://www.elcomercio.com/afull/azul-simbolo-autismo-dia-onu.html. Si está pensando en hacer uso del mismo, por favor, cite la fuente y haga un enlace hacia la nota original de donde usted ha tomado este contenido. ElComercio.com
Non esquezamos, amig@s, que vivimos nunha sociedade diversa, plural, que loita día a día por unha inclusión máis efectiva e real, porque  a homoxeneidade xa vai tempo que pasou de moda (e menos mal). 
 
Días como hoxe deben servir para, entre outras cousas, conseguir que as persoas con TEA teñan o dereito a acceder a unha educación de calidade que  favoreza o seu desenvolvemeto académico e persoal, facilitando así o acceso ao mercado laboral e atendendo sempre ás súas capacidades e necesidades específicas. 

 
Eu súmome ao movemento azul, e ti? 
 
Apertas,
 
Golfi


 



Ningún comentario:

Publicar un comentario