luns, 18 de outubro de 2021

24 DE OUTUBRO " DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES"


         Ola nenas e nenos! son Golfi, a mascota da biblioteca, xa estou de volta despois dun verán de moitas aventuras e descubrimentos. 
    Teño moitas novidades, como sabedes estamos preparando un espazo novo para a biblioteca do cole que pronto poderedes visitar. 

    Hoxe teño unha proposta para vós, o próximo dia 24 celébrase o día das Bibliotecas Escolares e para conmemoralo propóñovos esta actividade para facer coa familia. 

                          https://padlet.com/bibliogolfi/2cv7fhazzpso2vu4

    Espero que vos animedes e agardo as vosas fotos.        

        INSTRUCIÓNS : Para subir a foto ide ao seguinte taboleiro, pulsando sobre o signo + situado na marxe inferior do curso correspondente, e así podedes engadir a vosa foto dun xeito moi sinxelo. 
Non esquezades indicar o título da foto e o nome (sen apelido).

MURO DE PADLET  👇

Hecho con Padlet