mércores, 27 de maio de 2026

Día das Letras Galegas 2026: Begoña Caamaño.

A semana das Letras Galegas comezou en Zalaeta cun contacontos titulado "Begoña na procura da verdade" que se levou a cabo na galería para todo o alumnado dividido en tres quendas.  

Tamén para a conmemoración deste día, o alumnado preparou na aula de música tres cantigas tradicionais: "Catro vellos mariñeiros" (Infantil e 1º ciclo de Primaria), "O vello mentireiro" (2º ciclo de Primaria) e "Chiqui-chiqui de Lourido" (3º ciclo de Primaria). O venres 15 de maio, xuntámonos todos no patio para cantalas e, a maiores, cantamos unha cantiga de Uxía titulada "Begoñísima", dedicada á homenaxeada deste ano: Begoña Caamaño. 

O alumnado tamén investigou e preparou uns textos sobre homenaxeadas das Letras Galegas doutros anos e con eles decoraron o traxe galego que loce na entrada do centro.