"Con
motivo do Día do Libro, o Servizo Municipal de Bibliotecas do Concello
da Coruña únese ás diferentes manifestacións do mundo da cultura para
pór en valor o sector do libro, visualizando a todos os axentes
implicados no mesmo e promovendo o acceso universal á lectura.
Baixo o lema "Mollámonos polo libro", a campaña evidencia a fraxilidade dun sector que vive o seu día grande no medio dunha ameazante tormenta para lanzar unha mensaxe de unidade e apoio a todos os actores do mundo do libro.
A creación dun orixinal spot lidera un programa de actividades dirixidas a todos os públios que, xunto coa súa programación habitual, definirán a adaptación do servizo municipal nun entorno atípico onde os medios de comunicación constitúen un aliado indispensable para achegarse a todas as persoas usuarias do sistema bibliotecario da cidade.
Xunto a unha programación na web e nos perfís de Instagram, Twitter e Facebook protagonizada por contacontos e divertidos retos, a rede de bibliotecas municipais impulsa o seu compromiso coa democratización da cultura e cos colectivos non conectados mediante o lanzamento de programas deseñados para a súa execución en medios de comunicación convencionais.
Deste xeito, as bibliotecas da Coruña presentarán Lemos para ti; un conxunto de narracións orais que os bibliotecarios e bibliotecarias difundirán tanto en Spotify coma na radio, un medio imprescindible para que a cidadanía menos familiarizada coa rede poida desfrutar da literatura.
SÚMATE Á CAMPAÑA:
Emprazamos a todo o mundo a mollarse e poñer en valor unha data tan relevante para as bibliotecas como é o Día do Libro. Se queres participar e sumarte á proposta, só tes que responder á pregunta: como te mollas ti polo libro?
Contamos coa túa aportación, podes facelo no formato que desexes e nas canles que consideredes oportunas empregando o hashtag #mollamonospololibro."

Ningún comentario:
Publicar un comentario