Ola amig@s,
Teño moitas novidades que contarvos, pero non será ata despois do Nadal cando poida facelo. Como sabedes, este verán, mentras gozaba dunha xornada de descanso tomando o sol nas rochas dunha praia da Costa da Morte, atopei unha botella cunha mensaxe dun náufrago. Toda esta investigación tenme moi ocupado e en xaneiro novas pistas chegarán ao cole para que me axudedes a localizalo porque eu só non dou a basto.
Mentras tanto, gustaríame que sigades soñando e imaxinando mundos marabillosos a través das historias que agochan os libros. O Nadal é unha época máxica onde podemos aproveitar para estar coa familia, descansar e ler libros alucinantes pois nunca esquezades que un libro é un soño que temos entre as mans.
Déixovos algunhas recomendacións de libros para todas as categorías de lectores. Agardo que vos gusten e que vos divirtades tanto como eu léndoos.
Tamén, gustaríame compartir con tódalas familias o bonito que está o noso cole grazas aos faros feitos polos nenos e nenas, que iluminan as entradas, andares, corredores e recunchos da escola. Porque o Nadal é época de paz e moita luz. Agardo que vos guste!
Bo nadal!
Ningún comentario:
Publicar un comentario